Noticias

Nota de Prensa O CONCELLO INICIA ESTA SEMANA A DISTRIBUCIÓN DAS ENQUISAS ÁS FAMILIAS DO PLAN CONCILIA LALÍN

As consultas permitirán coñecer os intereses das familias con menores no ámbito da conciliación para poñer en marcha servizos que dean resposta ás súas necesidades e intereses reais. González Casares sinala que a enquisa ten lugar dentro do compromiso pola participación establecido en todos os apartados estratexia Lalín Ssuma 21. O tenente de alcalde puxo de relevo o esforzo do Goberno en materia de conciliación a través de medidas como o reforzo dos campamentos e as múltiples iniciativas incluídas nesta estratexia financiada con fondos europeos. Ler máis

O CONCELLO OFERTA ESTE ANO 284 PRAZAS PARA OS CAMPAMENTOS E A ESCOLA DE VERÁN, CUN MÍNIMO DE 91 GRATUÍTAS, E CUN INVESTIMENTO DE MÁIS DE 45 MIL EUROS

Por primeira vez resérvanse prazas adaptadas nos campamentos urbanos para participantes con necesidades especiais. O concelleiro de Benestar Social resalta o gran esforzo adaptado ás necesidades de Lalín mantendo as tres modalidades para o verán. Nicolás González Casares salienta que a Escola de Verán, que cumpre o seu cuarto ano, incrementará o seu horario e se consolida como un referente da política social do Goberno. As familias interesadas poderán realizar as preincripcións a partir do luns na casa consistorial. Ler máis

O CONCELLO DE LALÍN INICIA UN CICLO DE CURSOS FORMATIVOS PARA FAVORECER A INCLUSIÓN SOCIAL E LABORAL DE COLECTIVOS EN RISCO DE EXCLUSIÓN

O Concello de Lalín recibiu da Consellería de Política Social unha subvención por importe de 19.844,50 € para a realización de programas dirixidos á inclusión social da poboación inmigrante. Na mañá de hoxe comezou o curso de autoemprego e cooperativismo impartido pola experta, Raquel Doallo e, pola tarde, o de adquisición de habilidades lingüísticas. Ler máis

CASARES ANUNCIA UNHA COLABORACIÓN RÉCORD COA APALC PARA SEGUIR FOMENTANDO O BENESTAR E A SAÚDE DAS PERSOAS MAIORES

Mantivo unha reunión coa directiva da entidade na que se pechou a colaboración do Concello para a adquisición dun vehículo de transporte adaptado. Ademais, o Concello realiza unha achega de 5 mil euros para o desenvolvemento de programas sobre alimentación e alzheimer. O colectivo tamén se beneficiará das axudas municipais a entidades sociais para as que está aberto o prazo de solicitude. O concelleiro fixo fincapé en que o Goberno local se atopa en cifras récord de colaboración no ámbito dos servizos sociais, un dos piares primordiais da actuación municipal. Ler máis

PRIMEIRA REUNIÓN DE TRABALLO COAS ANPAS E ASOCIACIÓNS DO PLAN CONCILIA LALÍN

Serviu para avaliar, principalmente as necesidades, problemas e preocupacións máis importantes no eido da conciliación aos que se enfrontan os menores lalinenses da zona rural e do casco urbano. Ler máis

PERMANECE ABERTO ATA O XOVES O PRAZO PARA ANOTARSE NA VIAXE DE IRMANDAMENTO PARA MAIORES A ESCALDES-ENGORDANY

As solicitudes poden presentarse a través do rexistro do Concello de Lalín, ou a través da sede electrónica. Hai 30 prazas dispoñibles e a súa adxudicación realizarase por sorteo no caso de existira maior demanda que oferta. A viaxe celebrarase entre o 10 e o 14 de maio. Ler máis

O GOBERNO APROBA AS AXUDAS A ENTIDADES SOCIAIS ÁS QUE SE DESTINAN POR TERCEIRO ANO UN TOTAL DE 15 MIL EUROS

As achegas permitirán desenvolver programas e actividades que beneficien a persoas e colectivos que se atopen en situación de desvantaxe. Ler máis

O CONCELLO ACTIVA O PROCESO PARA A POSTA EN MARCHA DE SERVIZOS DE CONCILIACIÓN ADAPTADOS ÁS NECESIDADES REAIS DA CIDADANÍA

Para o seu deseño contarase coa participación dos diferentes actores implicados e crearase unha mesa de traballo que permita identificar as necesidades de nais e pais e coordinar actividades e horarios. A empresa Retnova será a encargada de desenvolver a asistencia técnica para a posta en marcha do Plan Concilia Lalín, dentro da estratexia DUSI, Lalín SSUMA21. O Concello destinará á activación deste plan de marcado carácter social 217.500 euros dos 5 millóns dos fondos europeos FEDER concedidos a Lalín pola estratexia DUSI. “A posta en marcha deste programa xurde da necesidade de fomentar en Lalín a conciliación e de ordenar as actividades extraescolares, así como aportar outras máis novidosas”, explicou González Casares. Ler máis

O CONCELLO ASINA O CONVENIO CON SOGAPS PARA O DESENVOLVEMENTO DO PROGRAMA VACACIÓNS EN PAZ

O acordo comprende unha axuda de 1.500 euros para financiar os custes da viaxe dos nenos e nenas acollidos por familias lalinenses. Ler máis

ÁBRESE O PRAZO PARA SOLICITAR UNHA PRAZA NA VIAXE DE IRMANDAMENTO PARA MAIORES A ESCALDES-ENGORDANY

Hai un total de 30 postos dispoñibles e as solicitudes deberán presentarse no Rexistro Xeral do Concello de Lalín ou na sede electrónica con data límite o día 26 de abril. A adxudicación realizarase por sorteo no caso de que o número de persoas solicitantes supero o número de prazas ofertada. Ler máis