As persoas interesadas poden tramitar a subvención ou solicitar máis información mediante cita previa no Departamento de Servizos Sociais do Concello, ou no teléfono 986780014.
Ler máis
Tamén optan ás subvencións os centros educativos sostidos con fondos públicos. O prazo para presentar solicitudes remata o 31 de febreiro e os interesados poden demandar información no departamento de Benestar Social do Concello. Ler máis
Na presente edición do Cocido, os fondos doados solidariamente polos cidadáns irán destinados á asociación Aranes. A asistencia estará aberta ao público en xeral, que pode adquirir os vales nas dependencias do Concello, no Hotel Torre do Deza, na sede da AED, ou a través dun ingreso bancario. Ler máis
O sistema de reparto de cestas con produtos foi substituído por outro no que os beneficiarios poderán intercabiar bonos por alimentos frescos na Praza de Abastos. O novo modelo de reparto alimentario, garante a privacidade e o anonimato absoluto dos beneficiarios, ademais de dinamizar o mercado. Ler máis
Casares fixo un chamamento á colaboración da cidadanía nesta iniciativa solidaria, que ten como obxectivo entregar un agasallo por Nadal aos menores de familias con poucos recursos. As persoas que queiran unirse á campaña poderán aportar xoguetes, xogos educativos, material escolar ou roupa, facendo a entrega no desván ou nos centros comerciais. Ler máis
O documento establece as canles de comunicación e actuación necesarias, co propósito de arbitrar as medidas oportunas que garantan o benestar dos menores. Ler máis
O número total de unidades familiares que se benefician é de 234, sumando entre todas 643 persoas. O reparto dos lotes efectuarao o persoal do departamento de Servizos Sociais do Concello, que contou coa colaboración de varias persoas voluntarias. Ler máis
Os beneficiarios do proxecto son as familias do municipio que se encontren en situación de desvantaxe social con menores de entre os 0 e os 12 anos. O prazo de recollida de agasallos comeza hoxe e remata o próximo 31 de decembro. Os puntos de recollida son os centros educativos, os centros comerciais e o Desván municipal. Ler máis
No seu contido estipúlanse diferentes actuacións a desenvolver por Aspadeza en colaboración co Concello. Rafael Cuíña e González Casares destacaron “a inmensa labor social que leva a cabo a entidade, sendo un referente na loita en favor da integración”. Ler máis
González Casares asegurou que a situación dos inmobles “é lamentable, mostrando un estado de abandono absoluto”. A Brigada de Obras irá realizando progresivamente traballos de adecentamento co obxectivo de que no futuro, de ser posible, se poida proceder á rehabilitación completa do bloque. Ler máis