Sede Electrónica Concello de Lalín
Plan de Acción para o Comercio e a Hostalería
Percorridos Virtuais
O Castro Tecnolóxico
Turismo de Lalín

Descubre a súa vida interior

VER MÁIS

Lalín en Imaxes

Unha vila aberta para disfrutar

VER MÁIS

Radio Lalín

Escóitanos no 106.8 FM

ESCOITAR RADIO LALIN

Corporación

Benestar

A Concellería de Benestar Social  está ubicada na segunda planta do Concello de Lalín. Praza de Galicia, 1. Lalín.

O seu horario de atención o público é de luns a vernes, de 8:00 a 15:00 horas. Teléfono 986780014.

Noticias

O CONCELLO ASINA COS CENTROS EDUCATIVOS UN PROTOCOLO PARA PREVIR DIFERENTES CONDUCTAS PROBLEMÁTICAS NO ÁMBITO ESCOLAR

O documento establece as canles de comunicación e actuación necesarias, co propósito de arbitrar as medidas oportunas que garantan o benestar dos menores. Ler máis

O CONCELLO DISTRIBUIRÁ 20.000 QUILOGRAMOS DE ALIMENTOS NO MARCO DO PROGRAMA DE AXUDA ALIMENTARIA ÁS FAMILIAS EN SITUACIÓN DESFAVORECIDA

O número total de unidades familiares que se benefician é de 234, sumando entre todas 643 persoas. O reparto dos lotes efectuarao o persoal do departamento de Servizos Sociais do Concello, que contou coa colaboración de varias persoas voluntarias. Ler máis

LALÍN PON EN MARCHA A CAMPAÑA “NINGÚN NENO SEN XOGUETE 2015” PARA QUE NINGÚN MENOR QUEDE SEN AGASALLO ESTE NADAL

Os beneficiarios do proxecto son as familias do municipio que se encontren en situación de desvantaxe social con menores de entre os 0 e os 12 anos. O prazo de recollida de agasallos comeza hoxe e remata o próximo 31 de decembro. Os puntos de recollida son os centros educativos, os centros comerciais e o Desván municipal. Ler máis

O CONCELLO RENOVA O CONVENIO CON ASPADEZA PARA REFORZAR A INTEGRACIÓN E A ATENCIÓN ÁS PERSOAS CON DISCAPACIDADE PSÍQUICA

No seu contido estipúlanse diferentes actuacións a desenvolver por Aspadeza en colaboración co Concello. Rafael Cuíña e González Casares destacaron “a inmensa labor social que leva a cabo a entidade, sendo un referente na loita en favor da integración”. Ler máis

O CONCELLO COMEZA A ACONDICIONAR AS CASAS DOS MESTRES DO MANUEL RIVERO CO OBXECTIVO DE RECUPERAR GRADUALMENTE O SEU USO

González Casares asegurou que a situación dos inmobles “é lamentable, mostrando un estado de abandono absoluto”. A Brigada de Obras irá realizando progresivamente traballos de adecentamento co obxectivo de que no futuro, de ser posible, se poida proceder á rehabilitación completa do bloque. Ler máis

RESPONSABLES DO DESVÁN MUNICIPAL SOLICITAN MÁIS ACHEGAS POR PARTE DA CIDADANÍA PARA CUBRIR AS NECESIDADES DE CARA O INVERNO

Ademais da roupa de abrigo, tamén son moi necesarias mantas, estufas, calefactores e demais útiles de uso doméstico. Ler máis

LALÍN OFRECE UN CURSO DE FORMACIÓN PARA PERSOAS EMPREGADAS DO SERVIZO DOMÉSTICO

As clases terán lugar dende o 23 de novembro ata o 2 de decembro na Casa da Xuventude, en horario matinal de 10.00 a 13.30 horas. Trátase dun curso formativo aberto a toda a poboación, aínda que terán prioridade as persoas inmigrantes, indistintamente da súa situación xurídico-administrativa. Ler máis

DISPOÑIBLES PARA RECOLLER NO CONCELLO OS BONOS DAS AXUDAS COMPLEMENTARIAS AO ESTUDO

Existen dúas modalidades: unha na que o vale se destina unicamente a material escolar ou a deportivo, e outra na que o valor se divide ao 50% para acceder aos dous tipos de produto. Ler máis

O CONCELLO REORGANIZARÁ O SISTEMA DE ALUGUEIRO DE BICICLETAS ANTE O NULO ÉXITO DA INICIATIVA POSTA EN MARCHA POLO ANTERIOR GOBERNO

Está prevista a retirada “temporal” das bicis “xa que o proxecto leva tempo sen funcionar e estanse detectando constantes desperfectos e roubos”, explicou González Casares. Valorarase cambiar de emprazamento os terminais e destinar a usos educativos ou turísticos as bicicletas aparecidas nun almacén municipal. Ler máis

ÁBRESE O PRAZO PARA SOLICITAR AXUDAS MUNICIPAIS Á INFRAVIVENDA

Os demandantes deberán pedir cita previa na Concellería de Benestar Social, onde tamén se lles indicará a documentación que deben entregar. O Concello destina 20.000 euros a este fin, cun importe máximo de 5.000 por vivenda. Ler máis

Roteiros de Lalín