Sede Electrónica Concello de Lalín
Plan de Acción para o Comercio e a Hostalería
Percorridos Virtuais
O Castro Tecnolóxico
Turismo de Lalín

Descubre a súa vida interior

VER MÁIS

Lalín en Imaxes

Unha vila aberta para disfrutar

VER MÁIS

Radio Lalín

Escóitanos no 106.8 FM

ESCOITAR RADIO LALIN

Corporación

Benestar

A Concellería de Benestar Social  está ubicada na segunda planta do Concello de Lalín. Praza de Galicia, 1. Lalín.

O seu horario de atención o público é de luns a vernes, de 8:00 a 15:00 horas. Teléfono 986780014.

Noticias

RESPONSABLES DO DESVÁN MUNICIPAL SOLICITAN MÁIS ACHEGAS POR PARTE DA CIDADANÍA PARA CUBRIR AS NECESIDADES DE CARA O INVERNO

Ademais da roupa de abrigo, tamén son moi necesarias mantas, estufas, calefactores e demais útiles de uso doméstico. Ler máis

LALÍN OFRECE UN CURSO DE FORMACIÓN PARA PERSOAS EMPREGADAS DO SERVIZO DOMÉSTICO

As clases terán lugar dende o 23 de novembro ata o 2 de decembro na Casa da Xuventude, en horario matinal de 10.00 a 13.30 horas. Trátase dun curso formativo aberto a toda a poboación, aínda que terán prioridade as persoas inmigrantes, indistintamente da súa situación xurídico-administrativa. Ler máis

DISPOÑIBLES PARA RECOLLER NO CONCELLO OS BONOS DAS AXUDAS COMPLEMENTARIAS AO ESTUDO

Existen dúas modalidades: unha na que o vale se destina unicamente a material escolar ou a deportivo, e outra na que o valor se divide ao 50% para acceder aos dous tipos de produto. Ler máis

O CONCELLO REORGANIZARÁ O SISTEMA DE ALUGUEIRO DE BICICLETAS ANTE O NULO ÉXITO DA INICIATIVA POSTA EN MARCHA POLO ANTERIOR GOBERNO

Está prevista a retirada “temporal” das bicis “xa que o proxecto leva tempo sen funcionar e estanse detectando constantes desperfectos e roubos”, explicou González Casares. Valorarase cambiar de emprazamento os terminais e destinar a usos educativos ou turísticos as bicicletas aparecidas nun almacén municipal. Ler máis

ÁBRESE O PRAZO PARA SOLICITAR AXUDAS MUNICIPAIS Á INFRAVIVENDA

Os demandantes deberán pedir cita previa na Concellería de Benestar Social, onde tamén se lles indicará a documentación que deben entregar. O Concello destina 20.000 euros a este fin, cun importe máximo de 5.000 por vivenda. Ler máis

A LIBRERÍA VAGALUME COLABORA CO CONCELLO NO REPARTO DE AXUDA ESCOLAR MEDIANTE A DOACIÓN DE TRES LOTES DE LIBROS E OUTRO TRES DE MATERIAL

González Casares agradeceu e valorou en nome do Concello a cooperación e o esforzo do establecemento. O concelleiro de Benestar Social anunciou que solicitaron as axudas municipais complementarias ao estudo un total de 303 persoas. Ler máis

O GOBERNO DE LALÍN IMPULSARÁ UN CONSELLO MUNICIPAL DE BENESTAR SOCIAL

Trátase dun órgano participativo de carácter consultivo que proporcionará asesoramento aos diferentes estamentos municipais competentes nesta materia. O Consello fomentará a protección social da cidadanía e a promoción da calidade de vida, coa participación directa das persoas e entidades do sector. Contará coa representación de grupos políticos, organizacións do ámbito social, da comunidade educativa, así como con persoas discapacitadas ou expertos. Ler máis

O CONCELLO DE LALÍN AMOSA A SÚA DISPOSICIÓN A CEDER INSTALACIÓNS MUNICIPAIS PARA ACOLLER REFUXIADOS

O alcalde afirma que a crise que está a vivir Europa é insoportable e fai un chamamento a que todos “poñamos da nosa parte para atopar unha solución á dramática situación destas persoas”. Ler máis

O PRAZO PARA PRESENTAR SOLICITUDES ÁS AXUDAS AO TRANSPORTE PARA ESTUDANTES REMATA ESTA SEMANA

Polo de agora recibíronse 65 peticións, na súa gran maioría para acceder á modalidade semanal do bono de transporte universitario. O Goberno ampliou este ano as bonificacións de transporte aos estudantes de ciclos formativos de grao medio. Ler máis

O GOBERNO MUNICIPAL INICIA A ELABORACIÓN DOS ORZAMENTOS PARA O VINDEIRO ANO

As contas municipais priorizarán o investimento en políticas sociais, a recuperación do rural e a dinamización económica, social e cultural do concello. Ler máis

Roteiros de Lalín