Sede Electrónica Concello de Lalín
Plan de Acción para o Comercio e a Hostalería
Percorridos Virtuais
O Castro Tecnolóxico
Turismo de Lalín

Descubre a súa vida interior

VER MÁIS

Lalín en Imaxes

Unha vila aberta para disfrutar

VER MÁIS

Radio Lalín

Escóitanos no 106.8 FM

ESCOITAR RADIO LALIN

Corporación

Benestar

A Concellería de Benestar Social  está ubicada na segunda planta do Concello de Lalín. Praza de Galicia, 1. Lalín.

O seu horario de atención o público é de luns a vernes, de 8:00 a 15:00 horas. Teléfono 986780014.

Noticias

OS BONOS DAS AXUDAS COMPLEMENTARIAS AO ESTUDO ESTARÁN DISPOÑIBLES NO CONCELLO A PRÓXIMA SEMANA

En total recibirán as bonificacións, ás que o Concello destina 18.000 euros, 225 alumnos e alumnas matriculados en centros de Lalín. Ler máis

66 PERSOAS BENEFICIÁRONSE ESTE VERÁN DA GRATUIDADE DAS PISCINAS EXTERIORES

Pertencen a 22 familias distintas, sendo a metade menores de idade. Nicolás González Casares, considera que esta medida “foi positiva para moitas unidades familiares ás que lles resultaba complicado asumir o custe dun verán enteiro pagando diariamente a entrada ás instalacións”. Ler máis

REMATA O VERÁN DE MAIOR ESFORZO CONCILIADOR POR PARTE DO CONCELLO NA PROGRAMACIÓN DE ACTIVIDADES

Uns 450 rapaces e rapazas participaron nos campamentos urbanos, no campamento do mar e na escola de verán. González Casares valorou moi positivamente o desenvolvemento das diferentes actividades e indicou que a intención do Goberno e seguir nesta liña de cara a próximos anos. Ler máis

O CONCELLO PON EN MARCHA AS BONIFICACIÓNS AO TRANSPORTE DE ESTUDANTES PARA O CURSO 2016/2017

Un ano máis as axudas fanse extensibles a estudantes de ciclos formativos de grao medio. Un total de 152 usuarios se beneficiaron deste programa no curso pasado. Ler máis

GONZÁLEZ CASARES REÚNESE COA SECRETARIA XERAL DO IGVS PARA OBTER INFORMACIÓN SOBRE O PROGRAMA DE VIVENDAS BALEIRAS

O Goberno de Lalín asinará proximamente o convenio de adhesión, o que permitirá poñer en marcha os mecanismos necesarios para a captación de vivendas baleiras e a súa posterior inclusión no programa da Xunta. Ler máis

9 UNIDADES FAMILIARES BENEFICIÁRONSE DA LEÑA EXTRAÍDA DOS TRABALLOS DE MELLORA DO PASEO DO PONTIÑAS

O departamento de Benestar Social informou de que queda material para entregar a unha familia, polo que se agardan máis demandas. As 9 familias suman 36 persoas, 13 delas menores de idade. González Casares destaca a importancia deste tipo de iniciativas, “que aínda que semellen pouco relevantes”, contribúen a algo tan simple como que as familias con poucos recursos non pasen frío no inverno”. Ler máis

BENESTAR SOCIAL COMEZA A ASESORAR ÁS FAMILIAS SOBRE A TRAMITACIÓN DAS AXUDAS A TRAVÉS DA TARXETA DE BENVIDA PARA PAIS CON FILLOS NADOS NO 2016

A contía total da subvención será de 1.200 € a razón de 100€/mes durante o primeiro ano de vida do fillo ou filla. Esta tarxeta só poderá ser utilizada en farmacias, parafarmacias, supermercados e tendas de alimentación. Ler máis

BENESTAR SOCIAL COMEZA A TRAMITAR AS AXUDAS PARA O PAGO DA FACTURA ELÉCTRICA A TRAVÉS DO TÍCKET ELÉCTRICO SOCIAL DE GALICIA

Estas subvencións teñen como obxectivo subvencionar parte da factura eléctrica ás unidades de convivencia con menores ou discapacitados. O prazo de presentación de solicitudes remata o 31 de xullo de 2016. Ler máis

BENESTAR SOCIAL COMEZA A TRAMITAR AXUDAS PARA EVITAR QUE AS FAMILIAS MÁIS VULNERABLES SUFRAN CORTES NO SUBMINISTRO ELÉCTRICO

As persoas interesadas poden tramitar a subvención ou solicitar máis información mediante cita previa no Departamento de Servizos Sociais do Concello, ou no teléfono 986780014. Ler máis

BENESTAR SOCIAL INFORMA DA CONVOCATORIA DE AXUDAS DESTINADAS A UNIDADES FAMILIARES CON NENOS XORDOS

Tamén optan ás subvencións os centros educativos sostidos con fondos públicos. O prazo para presentar solicitudes remata o 31 de febreiro e os interesados poden demandar información no departamento de Benestar Social do Concello. Ler máis

Roteiros de Lalín