Sede Electrónica Concello de Lalín
Plan de Acción para o Comercio e a Hostalería
Percorridos Virtuais
O Castro Tecnolóxico
Turismo de Lalín

Descubre a súa vida interior

VER MÁIS

Lalín en Imaxes

Unha vila aberta para disfrutar

VER MÁIS

Radio Lalín

Escóitanos no 106.8 FM

ESCOITAR RADIO LALIN

Corporación

Benestar

A Concellería de Benestar Social  está ubicada na segunda planta do Concello de Lalín. Praza de Galicia, 1. Lalín.

O seu horario de atención o público é de luns a vernes, de 8:00 a 15:00 horas. Teléfono 986780014.

Noticias

ÚLTIMO DÍA PARA ENTREGAR AGASALLOS NO DESVÁN DENTRO DA CAMPAÑA “NINGÚN NENO SEN XOGUETE”

González Casares salienta a boa acollida desta iniciativa, que serve para demostrar o sentir solidario de Lalín con centos de doazóns e a participación de voluntarios e de entidades. A campaña permitirá entregar un agasallo por Nadal aos menores de familias en risco de exclusión social e, ao mesmo tempo, serve para fomentar a solidariedade. Ler máis

ONCE ASOCIACIÓNS E ENTIDADES COLABORAN XA NA CAMPAÑA “NINGÚN NENO E NENA SEN XOGUETE 2017”

O Concello fai un chamamento á participación, a través de achegas individuais, da colocación de puntos de recollida ou da posta en marcha de iniciativas solidarias propias. A campaña ten o obxectivo de entregar un agasallo por Nadal aos menores de familias en risco de exclusión social e, ao mesmo tempo, fomentar a solidariedade. Carrefour, Pontiñas Gadis, Geriatros, Nosa Señora das Dores, os IES Laxeiro e Aller Ulloa colocaron puntos de recollida, mentres a Praza de Abastos, asociacións de Barcia e Soutolongo e a EF Lalín realizan iniciativas solidarias propias. O desván municipal funciona como un dos puntos de entrega directa de xoguetes, roupa e outro útiles. Ler máis

O CONCELLO PON EN MARCHA O PROGRAMA DE AXUDA ALIMENTARIA A FAMILIAS CON ESCASOS RECURSOS POR NADAL

Destínanse un total de 5.000 euros a esta iniciativa a favor da integración social. Distribuiranse bonos entre os beneficiarios canxeables por produtos frescos na Praza de Abastos. Esta modalidade garante a privacidade dos usuarios e, ao mesmo tempo, serve para dinamizar o comercio de Lalín favorecendo a economía local e circular. Ler máis

O CONCELLO PON EN MARCHA O PROGRAMA DE AXUDA ALIMENTARIA A FAMILIAS CON ESCASOS RECURSOS POR NADAL

Destínanse un total de 5.000 euros a esta iniciativa a favor da integración social. Distribuiranse bonos entre os beneficiarios canxeables por produtos frescos na Praza de Abastos. Esta modalidade garante a privacidade dos usuarios e, ao mesmo tempo, serve para dinamizar o comercio de Lalín favorecendo a economía local e circular. Ler máis

LALÍN DIVERSO, UNHA INICIATIVA PARA DAR LUZ Á DISCAPACIDADE

O programa celebrarase na tarde do día 1 e haberá música, xogos, exhibicións, contacontos e ata unha cadea humana. Ler máis

O GOBERNO DE LALÍN AMPLÍA ATA OS 10 MIL EUROS A COLABORACIÓN ECONÓMICA CON ASPADEZA

Son 3.000 euros máis que o aportado o ano pasado, de modo que todas as entidades lalinenses do eido social viron este exercicio aumentada a axuda económica municipal. Os usuarios de Aspadeza volverán participar nos traballos do Desván Municipal e nas tarefas de sinalización de Roteiros de Lalín. Cuíña e González Casares destacaron “a importantísima labor do colectivo, que é todo un referente na integración social das persoas con discapacidade”. Ler máis

O CONCELLO E ULLA OIL LEVAN OS NENOS E NENAS AO PARTIDO OBRADOIRO-IBEROSTAR TENERIFE

O encontro disputarase no pavillón Multiusos do Sar o domingo, día 19 de novembro, ás 18.00 horas. Esta mañá presentouse no concello a iniciativa, que permitirá a 25 menores pertencentes a familias con escasos recursos presenciar un partido de basket do máximo nivel. González Casares mostrouse moi agradecido coa firma por contar co Concello de Lalín para desenvolver esta actividade. Ler máis

COMEZA EN DECEMBRO A RESERVA DE PRAZAS PARA AS VIAXES DO PROGRAMA DE VACACIÓNS PARA MAIORES DO IMSERSO DA TEMPADA 2018

As persoas beneficiarias poderán elixir entre 13 viaxes en diferentes datas a 9 destinos distintos Ler máis

O PROGRAMA DE PREVENCIÓN DAS ADICCIÓNS DO CONCELLO REALIZA MÁIS DE 200 ENQUISAS ENTRE OS ADOLESCENTES LALINENSES

Unha vez examinados os resultados, poderanse sacar conclusións sobre as diversas tendencias relativas ao consumo de sustancias que servirán para proxectar talleres de prevención. Ler máis

OS BENEFICIARIOS DAS BOLSAS COMPLEMENTARIAS AO ESTUDO PODERÁN RECOLLER OS SEUS VALES A PARTIR DO PRÓXIMO MARTES

A convocatoria de bolsas destina un total de 18 mil euros para que as familias con menos recursos económicos poidan afrontar a adquisición de material escolar e roupa deportiva neste curso. O martes tamén se empezarán a entregar as bonificacións ao transporte de estudantes. Ler máis