Casares fixo un chamamento á colaboración da cidadanía nesta iniciativa solidaria, que ten como obxectivo entregar un agasallo por Nadal aos menores de familias con poucos recursos. As persoas que queiran unirse á campaña poderán aportar xoguetes, xogos educativos, material escolar ou roupa, facendo a entrega no desván ou nos centros comerciais. Ler máis
O documento establece as canles de comunicación e actuación necesarias, co propósito de arbitrar as medidas oportunas que garantan o benestar dos menores. Ler máis
O número total de unidades familiares que se benefician é de 234, sumando entre todas 643 persoas. O reparto dos lotes efectuarao o persoal do departamento de Servizos Sociais do Concello, que contou coa colaboración de varias persoas voluntarias. Ler máis
Os beneficiarios do proxecto son as familias do municipio que se encontren en situación de desvantaxe social con menores de entre os 0 e os 12 anos. O prazo de recollida de agasallos comeza hoxe e remata o próximo 31 de decembro. Os puntos de recollida son os centros educativos, os centros comerciais e o Desván municipal. Ler máis
No seu contido estipúlanse diferentes actuacións a desenvolver por Aspadeza en colaboración co Concello. Rafael Cuíña e González Casares destacaron “a inmensa labor social que leva a cabo a entidade, sendo un referente na loita en favor da integración”. Ler máis
González Casares asegurou que a situación dos inmobles “é lamentable, mostrando un estado de abandono absoluto”. A Brigada de Obras irá realizando progresivamente traballos de adecentamento co obxectivo de que no futuro, de ser posible, se poida proceder á rehabilitación completa do bloque. Ler máis
As clases terán lugar dende o 23 de novembro ata o 2 de decembro na Casa da Xuventude, en horario matinal de 10.00 a 13.30 horas. Trátase dun curso formativo aberto a toda a poboación, aínda que terán prioridade as persoas inmigrantes, indistintamente da súa situación xurídico-administrativa. Ler máis
Existen dúas modalidades: unha na que o vale se destina unicamente a material escolar ou a deportivo, e outra na que o valor se divide ao 50% para acceder aos dous tipos de produto. Ler máis
Está prevista a retirada “temporal” das bicis “xa que o proxecto leva tempo sen funcionar e estanse detectando constantes desperfectos e roubos”, explicou González Casares. Valorarase cambiar de emprazamento os terminais e destinar a usos educativos ou turísticos as bicicletas aparecidas nun almacén municipal.
Ler máis