Sede Electrónica Concello de Lalín
Plan de Acción para o Comercio e a Hostalería
Percorridos Virtuais
O Castro Tecnolóxico
Turismo de Lalín

Descubre a súa vida interior

VER MÁIS

Lalín en Imaxes

Unha vila aberta para disfrutar

VER MÁIS

Radio Lalín

Escóitanos no 106.8 FM

ESCOITAR RADIO LALIN

Corporación

Benestar

A Concellería de Benestar Social  está ubicada na segunda planta do Concello de Lalín. Praza de Galicia, 1. Lalín.

O seu horario de atención o público é de luns a vernes, de 8:00 a 15:00 horas. Teléfono 986780014.

Noticias

O CONCELLO AUMENTARÁ A PRESTACIÓN DO SAF A PARTIR DO DÍA 1 DE SETEMBRO

Incrementará en 2.676 horas a prestación do servizo na modalidade de dependencia e sube o orzamento na de libre concorrencia. Este reforzo permitirá o alivio da lista de espera e a atención a novos usuarios. Casares sinala que “este grandísimo impulso ao SAF pon de manifesto, novamente, que o Goberno local se está a centrar nas políticas sociais de xeito prioritario”. Ler máis

O CONCELLO DE LALÍN DESTINA 18 MIL EUROS ÁS BOLSAS COMPLEMENTARIAS AO ESTUDO

Con esta iniciativa trátase de favorecer que as familias con menos recursos económicos poidan afrontar a adquisición de material escolar e roupa deportiva de cara o curso académico 2016/2017 Ler máis

COMEZAN AS PRIMEIRAS QUENDAS DA ESCOLA DE VERÁN E DO CAMPAMENTO URBANO

O concelleiro de Benestar Social compartiu esta mañá co alumnado o comezo da escola de verán González Casares puxo de relevo o esforzo “sen precedentes” do Concello na programación estival xuvenil, que se puxo en marcha cos obxectivos de facilitar a conciliación da vida familiar e laboral e de garantir a atención aos menores Hoxe tamén se abre o prazo de inscrición para o campamento deportivo no mar, que se desenvolverá en Cabana de Bergantiños en dúas quendas (do 1 ao 9 de agosto e do 10 ao 18 de agosto) Ler máis

BENESTAR SOCIAL LEMBRA QUE PERMANECE ABERTO O PRAZO PARA PARTICIPAR NO PROGRAMA DE BALNEARIOS “DEPOTERMAL”

A presentación de solicitudes pode formularse a través da páxina web da Deputación, www.depo.es, ou nas oficinas de Servizos Sociais do Concello de Lalín ata o día 3. Ler máis

O Concello de Lalín organiza un curso de robótica para nenos

Co fin de dinamizar e fomentar o coñecemento en novas tecnoloxías o Concello de Lalín organiza un curso de robótica para nenos de 8 a 15 anos. Os obxectivos do curso son fomentar o pensamento lóxico-dedutivo, a programación por bloques e a computación dun xeito divertido e práctico. Ler máis

ABERTO O PRAZO PARA INSCRIBIRSE NOS CAMPAMENTOS DEPORTIVOS URBANOS E NA ESCOLA DE VERÁN

As matriculacións poderanse realizar de xeito presencial no concello e a través da sede electrónica. A reserva de prazas terá lugar por estrita orde de inscrición. O prazo de matrícula para as primeiras quendas dos campamentos urbanos e da escola de verán pecharase o día 23 de xuño, mentres que para as demais permanecerá aberto ata 5 días antes do comezo de cada actividade. Ler máis

O CONCELLO OFRECE ESTE ANO 390 PRAZAS DE CAMPAMENTOS, DAS QUE MÁIS DA METADE É GRATUÍTA

As prazas reservaranse por estrita orde de iscrición. O prazo habilitarase nos próximos días e permanecerá aberto ata principios do próximo mes. O Concello realiza coa proposta de campamentos unha firme aposta pola conciliación e a atención social. Ler máis

O PROGRAMA DE PREVENCIÓN DAS ADICCIÓNS DO CONCELLO COMPLEMENTARASE COA INICIATIVA “LALÍN COA MOCIDADE”

Trátase dun proxecto que contempla multitude de actividades desatinadas a previr condutas de risco e fomentar hábitos de vida saudables. Entre outras, inclúe a celebración de rutas de sendeirismo, obradoiros, ou torneos deportivos. Para desenvolver esta iniciativa o Concello de Lalín solicitoulle á Xunta unha axuda de máis de 5.000 euros. González Casares fixo fincapé na necesidade de continuar impulsando accións de loita contra as condutas aditivas na mocidade de cara a reducir os elevados índices de consumo e adiccións que se detectaron na vila. Ler máis

LALÍN ACTIVA UN PLAN DE BECAS E AXUDAS PARA MOZOS CO OBXECTIVO DE APOIAR O TALENTO LOCAL E LOITAR CONTRA O DESPOBOAMENTO

O Plan Talento contempla un investimento de preto de 60 mil euros para este ano, 12 mil de fondos propios e o resto subvencionado con fondos europeos FEDER. O orzamento previsto para esta iniciativa nos vindeiros catro anos ascende a 226 mil euros. A iniciativa, que favorecerá a estudantes e emprendedores, inclúese dentro da estratexia DUSI Lalín SSUMA 21. Ler máis

O CONCELLO ADHÍRESE AO PLAN TERMAL, “DEPOTERMAL”, DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA

Trátase dun programa de marcado carácter social que promove o envellecemento activo mediante estancias en balnearios da provincia. O prazo de inscrición para as persoas interesadas en participar neste programa será de 30 días naturais a partir do día seguinte ao da publicación na web da Deputación da listaxe definitiva de concellos adherido. Ler máis

Roteiros de Lalín