Destínanse un total de 5.000 euros a esta iniciativa a favor da integración social.
Distribuiranse bonos entre os beneficiarios canxeables por produtos frescos na Praza de Abastos.
Esta modalidade garante a privacidade dos usuarios e, ao mesmo tempo, serve para dinamizar o comercio de Lalín favorecendo a economía local e circular. Ler máis
Por segundo ano consecutivo, o Concello alcanza esta cantidade para contribuír ao desenvolvemento do programa de atención a persoas con discapacidade que leva a cabo a entidade.
Os usuarios de Aspadeza volverán participar nos traballos do Desván Municipal e nas tarefas de sinalización de Roteiros de Lalín.
Cuíña e González Casares destacaron “a importantísima labor do colectivo, que é todo un referente na integración social das persoas con discapacidade”. Ler máis
1) Procurar que todos/as os/as nenos e nenas procedentes de unidades familiares en situación de desvantaxe social poidan recibir un agasallo en Reis.
2) Fomentar e promover accións solidarias entre os veciños e veciñas do Concello de Lalín e sensibilizalos da importancia deste tipo de actuacións como factor de progreso.
3) Crear e reforzar un tecido social solidario no Concello de Lalín do que formen parte non só persoas a nivel individual senón tamén institucións, asociacións e empresas do noso entorno. Ler máis
A través dun vídeo no que participan usuarios e usuarias dos colectivos lalinenses que traballan con persoas con diversidade funcional, preténdese visibilizar que “a diversidade une e nos fai sentir tan diferentes como iguais ao resto de persoas”.
A peza propón a participación do público mostrando o seu respaldo á iniciativa “Lalín Diverso”, mediante a publicación de fotografías de abrazos baixo a etiqueta #Abrazaadiversidade. Ler máis
González Casares puxo en valor esta iniciativa a prol da integración das persoas con diversidade funcional, destacando que non hai persoas con discapacidade, senón con capacidades diversas tal e como se amosará nunha xornada de diversión e sensibilización. Ler máis
Casares lembrou que coa entrega destas subvencións, o Goberno dedicou máis de 87.000 euros a axudas directas a entidades do eido dos servizos sociais nos últimos 3 anos. Este programa que se pon en marcha por terceiro ano consecutivo servirá para promover a iniciativa social, a participación comunitaria ou o asociacionismo solidario e a innovación en materia de prestación de servizos sociais. Ler máis
González Casares explicou que a iniciativa incluirá multitude de actividades dirixidas a público diverso como mostra de que o Concello de Lalín é un concello exemplar nesta cuestión.
O concelleiro agradeceu a colaboración de Working Wheels, Morea, Aranes e Aspadeza nestas xornadas que que verán reforzada a súa programación. Ler máis
Concedéronse un total de 153 bolsas das que se beneficiarán 91 familias do municipio, por valor de 80 euros cada unha.
Casares destacou que a concesión das becas se realizou seguindo diferentes criterios de valoración económicos e sociais para que estas axudas beneficien realmente a quen máis o precisa”.
Ler máis
Ten o obxectivo de prestar asesoramento e atención integral ás persoas con alzhéimer así como ás persoas coidadoras coa finalidade de favorecer o mantemento duns niveis aceptables de autonomías das persoas con esta enfermidade e aportar ferramentas aos familiares que convivan con elas para unha maior calidade de vida. Ler máis
O acordo recolle unha axuda municipal de 5.120 euros que permitirán pór en marcha actividades de asesoramento e atención integral destinadas ás persoa con alzheimer e aos seu coidadores.
O rexedor e o concelleiro de Benestar social tamén lembraron a tramitación por parte do Concello dunha axuda económica específica de 8 mil euros para a adquisición dun vehículo por parte de Apalc.
O Goberno local atópase en cifras récord de colaboración no ámbito dos servizos sociais. Ler máis