CIM


C.I.M. Lalín

Rúa Castelao, nº 4, 36500 Lalín

Telf: 986 78 00 14

Horario

8:00 a 15:00 horas



QUÉ É?
O Centro de Información ás Mulleres (CIM) é un servizo especializado totalmente gratuito do Concello que proporciona atención psicolóxica e información, orientación e asesoramento xurídico a tódalas mulleres dos concellos de Lalín, Rodeiro e Dozón. 
Os principios de actuación do CIM son:
O anonimato na identidade das usuarias.
O respeto á vontade das usuarias na busca das posibles solucións e alternativas ás demandas expostas.
A gratuidad dos servizos.
O respeto á confidencialidade.

QUEN INTEGRA O CENTRO?
Unha unidade de atención psocolóxica a cargo dunha psicóloga e unha unidade de asesoramento xurídico a cargo dunha avogada.

QUE SERVIZOS OFRECE?
O CIM proporciona con caracter permanente:

ATENCIÓN PSICOLÓXICA PERSONALIZADA
-Intervención en casos individuais (ansiedade, depresión, problemas de conducta, problemas de parella).
-Asesoramento e apoio psicolóxico en casos de separación.
-Atención psicolóxica a vitimas de violencia de xénero.
-Asesoramento en problemáticas de desigualdade (laboral, familiar, educativa).

INFORMACIÓN E ASESORAMENTO LEGAL EN
-Temas de dereito de familia (separación, divorcio, pensións alimenticias, garda e custodia dos fillos menores, réxime de visitas, ...).
-Temas de dereito penal (malos tratos, abandono de familia, abusos sexuais, ...).
-Temas de dereito de estranxería (regularización de inmigrantes, reagrupación familiar, adquisición da nacionalidade, ...).
-Outros temas legais (tramitación xustiza gratuita, vivenda, discriminación laboral, seguridade social, ...).

ORIENTACIÓN PROFESIONAL E LABORAL

INFORMACIÓN SOBRE SUBVENCIÓNS E RECURSOS DA COMUNIDADE AUTÓNOMA

COORDINACIÓN DA ATENCIÓN ESPECÍFICA ÁS MULLERES VÍTIMAS DA VIOLENCIA DE XÉNERO

ONDE ESTAMOS?
O Centro de Información ás Mulleres (CIM) está ubicado na planta baixa do Centro Social da Terceira Idade, sito na Rúa Mercado s/n (fronte á praza do Concello).

Roteiros de Lalín