Conservatorio profesional

O CPL (Conservatorio Profesional de Lalín) leva en funcionamento desde 1991, con carácter de conservatorio oficial de grao medio. Depende organicamente do do Patronato Cultural e ten a súa sé no Auditorio de Municipal.

O CPL non só atende a demanda dos alumnos e alumnas de Deza, senón de outras comarcas. A oferta educativa inclúe as especialidades instrumentais de: piano, corda, vento madeira, vento metal e percusión, clases teórico-prácticas, así como numerosas actividades complementarias e extraordinarias.

Tamén é berce doutras formacións coma a Orquestra de Lalín, Loriga Sax (cuarteto de saxofóns), Adietxekos (Grupo de clarinetes) ou Ars Percutio (Grupo de Percusión).

Numerosos solistas e profesores de renome nacional e internacional impartiron o seu maxisterio ofreceron numerosas clases ou cursiños. Destacab Joan Enric Lluna (solista de clarinete), Vicente Alberola (clarinete, Orquestra Sinfónica de Madrid), Benjamín Moreno (trompeta Orquestra Sinfónica da RTVE ), James Ross (trompa, Orquestra Sinfónica de Galicia), Leonel Morales (concertista de piano), Josep Vicent Faus (percusión, Real Filharmonía de Galicia), etc. Tamén destacan os cursos de dirección de Banda impartidos polos mestres Henrie Adans, Johann de Meij e Jan Cober.

Galerías

Conservatorio

Roteiros de Lalín