Trátase dunha iniciativa dirixida a 75 mozos e mozas do concello de Lalín de entre 16 e 29 anos, que ademais de formación inclúe prácticas profesionais en empresas
Este proxecto desenvólvese grazas a unha subvención concedida ao Concello de Lalín polo Fondo Social Europeo por importe de 424.724,77 euros.
O programa comprende os itinerarios de soldadura, atención socio sanitaria a persoas dependentes, servizos de restaurante, desenvolvemento de aplicacións web e xestión de maketing e comunicación.
José Manuel Fernández resaltou o interese especial que acada o programa Mocidade Activa “xa que vai dirixido a mozos e mozas que son un dos colectivos sociais que máis están sufrindo o paro”. Ler máis