Servizo Municipal de Emprego

O servizo Municipal de Emprego está ubicado na pranta baixa do Concello de Lalín. Praza de Galicia, 1. Lalín.

O seu horario de atención o público é de luns a vernes, de 8:00 a 15:00 horas. Teléfono 986787060.

É un servizo dependente da Concellería de Actividade Económica, Comercio e Emprego, desenvolve unha serie de programas e accións interrelacionadas que engloban a totalidade dos procesos de busca e creación de emprego. 

É un instrumento da política de desenvolvemento local e de creación de postos de traballo que busca optimizar os recursos dispoñibles para acadar unha maior eficacia das medidas a favor do emprego.

OBXECTIVOS:

  • Fomentar o emprego e mellorar os mecanismos de acceso ao mercado de traballo.
  • Favorecer, dunha forma especial, os colectivos con especiais dificultades de inserción
  • Elevar os niveis de formación e cualificación profesional.
  • Impulsar o autoemprego e a capacidade emprendedora
  • Desenvovler os novos xacementos de emprego.

ORIENTACIÓN LABORAL

  • Asesoramento grupal e individualizado sobre os recursos que en materia de busca activa de emprego, formación para o emprego e emprendeduría
  • Servizo de apoio na procura de emprego aos demandantes remitidos desde o Servizo Público de Emprego de Galicia.

FORMACIÓN 

  • Accións formativas destinas a mellorar a cualificación profesional, a reciclaxe ou a especialización dos cidadans desempregados ou ocupados, adaptando a oferta formativa aos requirimentos do mercado de traballo e facilitándo a súa inserción laboral ou promoción profesional.

INTERMEDIACIÓN

  • Desenvolvemento dun sistema sistema  de intermediación entre a oferta e a demanda. Proceso:
  • Recepción da oferta de emprego: A empresa solicitante, ben a través de correo electrónico ou chamada telefónica, fainos chegar a oferta de traballo, para o cal debe cubrir o FORMULARIO DE ALTA DUNHA OFERTA DE EMPREGO.
  • Busca de candidatos: Análise das características solicitadas pola empresa e busca das persoas candidatas que reúnan o perfil solicitado.
  • Contacto cos/as potenciais candidatos/ás: Poñémonos en contacto, por correo electrónico ou por teléfono, coas persoas resultantes da busca para comunicarlles a oferta de traballo recibida. 
  • Entrega dos currículos á empresa: Envíanse por correo electrónico os que cumpren as características da oferta de traballo. 
  • Seguimento telefónico á empresa para coñecer a situación da selección. 

ASESORAMENTO A  EMPRENDEDORES

  • Programa de apoio a persoas emprendedoras que queren poñer en marcha un proxecto empresarial  mediante o desenvolvemento de actuacións encamiñadas a apoiar e formar a persoas emprendedoras para simplificar todas as dificultades que se encontran no proceso de creación de empresas, a través de titorías personalizadas e formación a medida para a realización do seu plan de empresa. 

Noticias

A CONCELLERÍA DE NOVAS TECNOLOXÍAS PROMOVE, A TRAVÉS DA AULA CEMIT, UNHA SESIÓN FORMATIVA GRATUÍTA POR VIDEOCONFERENCIA PARA AS PEMES E AUTÓNOMOS DO SECTOR DE ARTÍCULOS DE ROUPA E CALZADO PARA A POSTA EN MARCHA E A XESTIÓN DUN NEGOCIO EN INTERNET

José Antonio Rodríguez Fernández anuncia que “as persoas interesadas en participar neste curso poden anotarse xa na Casa Consistorial, ou ben chamando ao 617 900 877 ou enviando un correo electrónico a cemit.lalin@xunta.es” Ofértanse un total de 35 prazas e para a súa adxudicación seguirase orde rigoroso de inscrición Ler máis

A MESA LOCAL DE COMERCIO RATIFICOU A ENTRADA DA ASOCIACIÓN DE PRACEIROS, DEFINIU AS ACTUACIÓNS PROMOCIONAIS DO NADAL QUE PASAN POR ACCIÓNS DE HUMANIZACIÓN E DINAMIZACIÓN DAS RÚAS E COLABORACIÓN CO CCA

Este órgano colexiado reuniuse na tarde de onte por espazo de dúas horas e media guiado polo interese común de colaborar en tempos difíciles e polo máximo esforzo que se fará desde o Concello, indica María José Batán Ler máis

O PLAN EMTRA DO CONCELLO DE LALÍN PERMITIU NO QUE VAI DE ANO QUE 47 NOVOS ESTABLECEMENTOS COMERCIAIS NON TIVESEN QUE ABOAR LICENZA DE APERTURA

O PLAN EMTRA DO CONCELLO DE LALÍN PERMITIU NO QUE VAI DE ANO QUE 47 NOVOS ESTABLECEMENTOS COMERCIAIS NON TIVESEN QUE ABOAR LICENZA DE APERTURA, ADEMAIS DE ATENDER A 24 EMPRENDEDORES, DOS QUE 16 SE CONSTITUÍRON EN EMPRESAS, COA CREACIÓN DE 30 POSTOS DE TRABALLO ADEMAIS DE ATENDER A 24 EMPRENDEDORES, DOS QUE 16 SE CONSTITUÍRON EN EMPRESAS, COA CREACIÓN DE 30 POSTOS DE TRABALLO . A orientación e a formación laboral, outro dos eixos temáticos en torno aos que se estrutura este programa que promove a Concellería de Actividade Económica, Comercio e Emprego co obxectivo contribuír á dinamización económica e ao desenvolvemento local, adquire gran importancia na conxuntura actual e así neste mes de outubro tense previsto desenvolver dous cursos, un sobre búsqueda de emprego a través de Internet e outro sobre competencias clave e ademais antes de final de ano terá lugar unha xornada informativa para emprendedores Ler máis

Lalín contará con dous novos cursos de formación ocupacional

Indica que se trata dun curso de operacións de fontanería e calefacción-climatizacón doméstica e doutro de instalacións de elementos de carpintería Ler máis

Roteiros de Lalín