Sede Electrónica Concello de Lalín
Plan de Acción para o Comercio e a Hostalería
Percorridos Virtuais
O Castro Tecnolóxico
Turismo de Lalín

Descubre a súa vida interior

VER MÁIS

Lalín en Imaxes

Unha vila aberta para disfrutar

VER MÁIS

Radio Lalín

Escóitanos no 106.8 FM

ESCOITAR RADIO LALIN

Corporación

Servizo Municipal de Emprego

O servizo Municipal de Emprego está ubicado na pranta baixa do Concello de Lalín. Praza de Galicia, 1. Lalín.

O seu horario de atención o público é de luns a vernes, de 8:00 a 15:00 horas. Teléfono 986787060.

É un servizo dependente da Concellería de Actividade Económica, Comercio e Emprego, desenvolve unha serie de programas e accións interrelacionadas que engloban a totalidade dos procesos de busca e creación de emprego. 

É un instrumento da política de desenvolvemento local e de creación de postos de traballo que busca optimizar os recursos dispoñibles para acadar unha maior eficacia das medidas a favor do emprego.

OBXECTIVOS:

  • Fomentar o emprego e mellorar os mecanismos de acceso ao mercado de traballo.
  • Favorecer, dunha forma especial, os colectivos con especiais dificultades de inserción
  • Elevar os niveis de formación e cualificación profesional.
  • Impulsar o autoemprego e a capacidade emprendedora
  • Desenvovler os novos xacementos de emprego.

ORIENTACIÓN LABORAL

  • Asesoramento grupal e individualizado sobre os recursos que en materia de busca activa de emprego, formación para o emprego e emprendeduría
  • Servizo de apoio na procura de emprego aos demandantes remitidos desde o Servizo Público de Emprego de Galicia.

FORMACIÓN 

  • Accións formativas destinas a mellorar a cualificación profesional, a reciclaxe ou a especialización dos cidadans desempregados ou ocupados, adaptando a oferta formativa aos requirimentos do mercado de traballo e facilitándo a súa inserción laboral ou promoción profesional.

INTERMEDIACIÓN

  • Desenvolvemento dun sistema sistema  de intermediación entre a oferta e a demanda. Proceso:
  • Recepción da oferta de emprego: A empresa solicitante, ben a través de correo electrónico ou chamada telefónica, fainos chegar a oferta de traballo, para o cal debe cubrir o FORMULARIO DE ALTA DUNHA OFERTA DE EMPREGO.
  • Busca de candidatos: Análise das características solicitadas pola empresa e busca das persoas candidatas que reúnan o perfil solicitado.
  • Contacto cos/as potenciais candidatos/ás: Poñémonos en contacto, por correo electrónico ou por teléfono, coas persoas resultantes da busca para comunicarlles a oferta de traballo recibida. 
  • Entrega dos currículos á empresa: Envíanse por correo electrónico os que cumpren as características da oferta de traballo. 
  • Seguimento telefónico á empresa para coñecer a situación da selección. 

ASESORAMENTO A  EMPRENDEDORES

  • Programa de apoio a persoas emprendedoras que queren poñer en marcha un proxecto empresarial  mediante o desenvolvemento de actuacións encamiñadas a apoiar e formar a persoas emprendedoras para simplificar todas as dificultades que se encontran no proceso de creación de empresas, a través de titorías personalizadas e formación a medida para a realización do seu plan de empresa. 

Noticias

O CONCELLO DE LALÍN ACOLLERÁ ESTE MES A PRESENTACIÓN DA REDE SMARTPEME

Esta iniciativa ofrecerá asesoramento personalizado ao empresariado local sobre TICs ou novas tecnoloxías. Lalín conta cun punto de asesoramento SmartPeme situado no Viveiro de Empresas do polígono Lalín 2000. Ler máis

ABERTO O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE INSTANCIAS PARA PARTICIPAR NO PROCESO DE SELECCIÓN DE DOUS TITORES DO PROGRAMA INTEGRADO DE EMPREGO

Os aspirantes deberán superar unha fase de oposición e un concurso de méritos curriculares. A iniciativa 'Mocidade Activa' márcase como obxectivo acadar a inserción laboral de, cando menos, 30 persoas en situación de desemprego. Ler máis

ARRANCA O PROGRAMA PROEMGA DE EMPRENDEMENTO XUVENIL, NO QUE PARTICIPAN 25 MENORES DE 30 ANOS

Esta primeira fase do programa centrarase na captación dos proxectos participantes e na posta en marcha de obradoiros de motivación, ademais de no desenvolvemento dos plans de emprendemento. O inicio do programa tivo lugar este luns a partir das 09.30 horas, nas dependencias da UDIAF, coa participación do alcalde e de representantes de Galicia Innova. Ler máis

O PROXECTO “SMARTPEME” DA DEPUTACIÓN LEVARÁ A CABO SEIS CURSOS EN SETEMBRO NO VIVEIRO DE EMPRESAS DE LALÍN

“SmartPeme” é un programa de asesoramento no ámbito das TIC da institución provincial destinado ás persoas emprendedoras e ás pemes da provincia. Ler máis

O CONCELLO INCLUIRÁ NA WEB UNHA VISITA VIRTUAL AO POLÍGONO LALÍN 2000 PARA PROMOCIONAR AS SÚAS EMPRESAS

O alcalde salienta que con esta medida se pretende incrementar a súa visibilidade, favorecer o seu coñecemento e facilitar a súa localización. A concelleira de Emprego agarda que a iniciativa sirva para aumentar a actividade das compañías, “o que tamén redundará na dinamización económica e na creación de emprego en Lalín”. O Concello tamén solicitou unha subvención para colocar paneis informativos nas entradas do polígono. Ler máis

300 PERSOAS OPTAN AOS POSTOS DE TRABALLO DO PLAN DE CONCELLOS DA DEPUTACIÓN

O día 25 os aspirantes preseleccionados deberán realizar unha proba teórica que, no caso de superar, lles dará paso a outra de tipo práctico. O mércores inaugúrase o Viveiro de Empresas e comezan as xornadas do emprendemento, coincidindo coa Semana Europea das PEME. Katia Procino animou aos lalinenses a participar nesta actividade formativa que ten o obxectivo de promover o emprendemento, a competitividade e a innovación. Ler máis

O GOBERNO DE LALÍN APROBA UNHAS BASES DE CONTRATACIÓN DE PERSOAL MÁIS TRANSPARENTES E OBXECTIVAS QUE NA ETAPA ANTERIOR

O concello elimina a entrevista nos procedementos de contratación e crea listas de para cubrir os postos demandados. Contrataranse monitoras/es deportivos, persoal de limpeza e axentes de aparcadoiro. Coa creación destes postos dase resposta ás demandas actuais do Concello, “aínda que no futuro seguiranse abrindo novas bolsas”. Ler máis

O CONCELLO CONTRATARÁ A 34 TRABALLADORES A TRAVÉS DO PLAN DE CONCELLOS DA DEPUTACIÓN

Os contratos terán unha duración aproximada de 10 meses. A selección de persoal tramitarase a través do INEM xa que os contratados deberán ser persoas en situación de desemprego. O Goberno decidiu priorizar no reforzo da brigada de obras e crear, como novidade, unha brigada ambiental. Ler máis

UN TOTAL DE 8 EMPRESAS DE NOVA CREACIÓN BENEFÍCIANSE DAS AXUDAS DO CONCELLO AO EMPRENDEMENTO E Á FORMACIÓN DE EMPREGO

Cada beneficiario recibirá a cantidade de 1.000 euros que deben ir destinados a sufragar os primeiros gastos realizados pola empresa. Katia Procino recalcou a “firme aposta do Goberno pola creación de emprego, tal e como mostran os incremento das partidas postas en marcha para esta materia”. Ler máis

O CONCELLO SOLICITA A CONTRATACIÓN DE 34 TRABALLADORES ACOLLÉNDOSE AO PLAN DE EMPREGO DA DEPUTACIÓN

A selección dos perfís realizouse de modo consensuado entre os membros do Goberno, tras estudar as principais necesidades de cada departamento. Os contratos fixarán xornadas de 35 horas semanais por un período inicial de dous meses. 4 dos novos empregados irán dirixidos á creación dunha brigada temporal que se encargará en exclusiva de arranxar desperfectos no Paseo do Pontiñas. Ler máis

Roteiros de Lalín