Sede Electrónica Concello de Lalín
Plan de Acción para o Comercio e a Hostalería
Percorridos Virtuais
O Castro Tecnolóxico
Turismo de Lalín

Descubre a súa vida interior

VER MÁIS

Lalín en Imaxes

Unha vila aberta para disfrutar

VER MÁIS

Radio Lalín

Escóitanos no 106.8 FM

ESCOITAR RADIO LALIN

Corporación

Servizo Municipal de Emprego

O servizo Municipal de Emprego está ubicado na pranta baixa do Concello de Lalín. Praza de Galicia, 1. Lalín.

O seu horario de atención o público é de luns a vernes, de 8:00 a 15:00 horas. Teléfono 986787060.

É un servizo dependente da Concellería de Actividade Económica, Comercio e Emprego, desenvolve unha serie de programas e accións interrelacionadas que engloban a totalidade dos procesos de busca e creación de emprego. 

É un instrumento da política de desenvolvemento local e de creación de postos de traballo que busca optimizar os recursos dispoñibles para acadar unha maior eficacia das medidas a favor do emprego.

OBXECTIVOS:

  • Fomentar o emprego e mellorar os mecanismos de acceso ao mercado de traballo.
  • Favorecer, dunha forma especial, os colectivos con especiais dificultades de inserción
  • Elevar os niveis de formación e cualificación profesional.
  • Impulsar o autoemprego e a capacidade emprendedora
  • Desenvovler os novos xacementos de emprego.

ORIENTACIÓN LABORAL

  • Asesoramento grupal e individualizado sobre os recursos que en materia de busca activa de emprego, formación para o emprego e emprendeduría
  • Servizo de apoio na procura de emprego aos demandantes remitidos desde o Servizo Público de Emprego de Galicia.

FORMACIÓN 

  • Accións formativas destinas a mellorar a cualificación profesional, a reciclaxe ou a especialización dos cidadans desempregados ou ocupados, adaptando a oferta formativa aos requirimentos do mercado de traballo e facilitándo a súa inserción laboral ou promoción profesional.

INTERMEDIACIÓN

  • Desenvolvemento dun sistema sistema  de intermediación entre a oferta e a demanda. Proceso:
  • Recepción da oferta de emprego: A empresa solicitante, ben a través de correo electrónico ou chamada telefónica, fainos chegar a oferta de traballo, para o cal debe cubrir o FORMULARIO DE ALTA DUNHA OFERTA DE EMPREGO.
  • Busca de candidatos: Análise das características solicitadas pola empresa e busca das persoas candidatas que reúnan o perfil solicitado.
  • Contacto cos/as potenciais candidatos/ás: Poñémonos en contacto, por correo electrónico ou por teléfono, coas persoas resultantes da busca para comunicarlles a oferta de traballo recibida. 
  • Entrega dos currículos á empresa: Envíanse por correo electrónico os que cumpren as características da oferta de traballo. 
  • Seguimento telefónico á empresa para coñecer a situación da selección. 

ASESORAMENTO A  EMPRENDEDORES

  • Programa de apoio a persoas emprendedoras que queren poñer en marcha un proxecto empresarial  mediante o desenvolvemento de actuacións encamiñadas a apoiar e formar a persoas emprendedoras para simplificar todas as dificultades que se encontran no proceso de creación de empresas, a través de titorías personalizadas e formación a medida para a realización do seu plan de empresa. 

Noticias

LALÍN INCORPORA OS 23 PRIMEIROS TRABALLADORES CONTRATADOS ESTE ANO A TRAVÉS DO PLAN CONCELLOS DA DEPUTACIÓN

O resto dos empregados, ata completar os 37 solicitados, empezarán a desenvolver as súas tarefas nas próximas semanas, unha vez conclúan os procesos selectivos. Os contratos -que se prolongarán ata final de ano- permitirán mellorar a prestación de servizos públicos no Concello. Refórzase de maneira importante a brigada de obras e dáse resposta ás necesidades operativas do Concello. Tamén ofrecen unha oportunidade laboral a desempregados, co que se avanzará no obxectivo de reducir as cifras do paro do municipio. Ler máis

COMEZAN OS EXAMES PARA A CONTRATACIÓN DE 37 TRABALLADORES AO ABEIRO DO PLAN DE CONCELLOS DA DEPUTACIÓN

Esta previsto que tras o proceso selectivo os novos empregados comecen a desempeñar as súas funcións na primeira quincena de xuño. Katia Procino salienta que, a través desta oportunidade, “o Goberno reforza as necesidades operativas do Concello e incrementa a calidade na prestación dos servizos. Ler máis

O GOBERNO TRABALLA NA CREACIÓN DUNHA BOLSA DE EMPREGO DESTINADA Á COBERTURA DE BAIXAS DE PERSOAL ADMINISTRATIVO MUNICIPAL

Está previsto que o proceso selectivo comece antes do verán. A creación desta nova listaxe de contratación permitirá poder actuar con axilidade ante eventualidades no persoal do Concello, de modo que non se produzan desatencións en ningún servizo. Trátase dun un paso máis de cara a unha xestión de persoal áxil, efectiva e transparente. Ler máis

O CONCELLO DE LALÍN CONTRATARÁ 37 TRABALLADORES A TRAVÉS DO PLAN DE CONCELLOS DA DEPUTACIÓN

O proceso selectivo podería iniciarse na segunda metade de abril, unha vez a Deputación aprobe a solicitude e o INEM remita unha relación de candidatos para cada posto. Katia Procino explica que os contratos -que terán unha duración aproximada de 7 meses- permitirán mellorar a prestación de servizos públicos no Concello. Tamén ofrecerán unha oportunidade laboral a desempregados, co que se avanzará no obxectivo de reducir as cifras do paro do municipio. Ler máis

PUBLICADA A LISTA DEFINITIVA DE PERSOAS ADMITIDAS E EXCLUÍDAS NO PROCESO DE SELECCIÓN DUNHA PRAZA DE POLICÍA LOCAL

En total participarán na fase de oposición 170 aspirantes dos preto de 200 que presentaron instancias. A proba de coñecementos teóricos terá lugar o día 3 de febreiro ás 10 da mañá no Lalín Arena. Ler máis

OS SINDICATOS APOIAN A PROPOSTA DO CONCELLO PARA ELABORAR AS BASES PARA A CREACIÓN DUNHA BOLSA DE EMPREGO MUNICIPAL

Os representantes dos traballadores tamén amosan o seu acordo na contratación de catro conserxes para servizos xerais. O rexistro permanecerá aberto o próximo domingo todo o día e durante a próxima semana polas tardes, para facilitar os empadroamentos. Ler máis

PUBLICADA A LISTA PROVISIONAL DE PERSOAS ADMITIDAS E EXCLUÍDAS PARA A PRAZA DE POLICÍA LOCAL

A partir de hoxe ábrese un prazo de 10 días naturais para emendar ou subsanar a documentación solicitada. Ler máis

O CONCELLO DE LALÍN ACOLLERÁ ESTE MES A PRESENTACIÓN DA REDE SMARTPEME

Esta iniciativa ofrecerá asesoramento personalizado ao empresariado local sobre TICs ou novas tecnoloxías. Lalín conta cun punto de asesoramento SmartPeme situado no Viveiro de Empresas do polígono Lalín 2000. Ler máis

ABERTO O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE INSTANCIAS PARA PARTICIPAR NO PROCESO DE SELECCIÓN DE DOUS TITORES DO PROGRAMA INTEGRADO DE EMPREGO

Os aspirantes deberán superar unha fase de oposición e un concurso de méritos curriculares. A iniciativa 'Mocidade Activa' márcase como obxectivo acadar a inserción laboral de, cando menos, 30 persoas en situación de desemprego. Ler máis

ARRANCA O PROGRAMA PROEMGA DE EMPRENDEMENTO XUVENIL, NO QUE PARTICIPAN 25 MENORES DE 30 ANOS

Esta primeira fase do programa centrarase na captación dos proxectos participantes e na posta en marcha de obradoiros de motivación, ademais de no desenvolvemento dos plans de emprendemento. O inicio do programa tivo lugar este luns a partir das 09.30 horas, nas dependencias da UDIAF, coa participación do alcalde e de representantes de Galicia Innova. Ler máis

Roteiros de Lalín