O Servizo Muncipal de Emprego do Concello de Lalín conta cunha bolsa de emprego que ten por obxectivo contribuír á inserción laboral das persoas desempregadas , realizando accións de intermediación laboral que faciliten ás empresas a contratación de traballadores cualificados para a cobertura das súas necesidades.
¿BUSCAS TRABALLO?:
Se estás interesado/a en inscribirte, como demandante de emprego, neste servizo, deberás presentar o teu Currículum Vitae e cubrir a ficha de inscrición que se xunta
O servizo municipal de emprego ten á túa disposición equipamento informático destinado á consulta e xestión de termas relacionados coa busca de emprego.
Presentación de documentación:
¿BUSCAS TRABALLADORES?:
Se está interesado/a en que xestionemos a súa oferta de emprego, de xeito gratuíto, deberá remitirnos un correo electrónico co formulario, que se xunta, debidamente cuberto.
Se prefire, poderá contactar connosco na oficina do servizo municipal de emprego. Praza de Galicia, nº 1 , en horario de 8:00 a 15:00 horas. Telf: 986787060
Previa solicitude, o servizo municipal de emprego, poderá poñer á súa disposición instalacións municipais para a realización das entrevistas de selección das ofertas xestionadas desde este servizo de intermediación.