Santi Castro anuncia que nas vindeiras semanas se procederá á reparación e reposición do muro perimetral do campo de fútbol
O edil de Deportes explica que, para dar resposta ás peticións dos clubes que empregan as instalacións, tamén se substituirá o peche da gaiola de herba artificial e se incrementará ata os tres metros altura do enreixado que dá á estrada para evitar a saída de balóns.
Castro recorda que xa concluíron as actuacións para resolver as filtracións na grada que separa o campos de herba natural e artificial e a reposición do valado que delimita a superficie do campo de herba natural.
Nas vindeiras semanas iniciarase a renovación integral do sistema de iluminación, cun proxecto de eficiencia enerxética adxudicado en preto de 160 mil euros. Ler máis