A creación deste nó de conexións peonís permite activar un sistema de tránsito seguro entre ambos lugares. Casares apunta que se trata dunha actuación precursora do futuro cinto verde que contempla o DUSI. Ler máis
A Deputación concédelle ao Concello unha subvención de 14.425 euros para o proxecto de homologación e para a adquisición de material de sinalización. Na xuntanza do pasado xoves explicouse a colaboración por parte de Aspadeza e realizáronse propostas como a posta en marcha dun concurso de fotografía e dun ciclo de cine. Ler máis
Terá lugar unha proba curta de 100 metros para adultos e menores, e outra de 6 quilómetros destinada a deportistas con diversidade funcional de alto nivel. A iniciativa ten o obxectivo de visualizar e facer que se valore a discapacidade. González Casares animou unha vez máis á participación e lembrou que as inscricións para público en xeral estarán abertas ata o día 21, a través da páxina www.123acorrer.com. Ler máis
O Goberno de Lalín destina un total de 70.000 euros a esta partida, 10.000 máis que no ano anterior. Os clubs que se ateñan ás axudas para o o fomento do deporte base deberán reservar, canto menos, unha praza para menores pertencentes a familias con escasos recursos. Ler máis