O proxecto ten un custe aproximado de 28.800 euros e posibilitará o cambio de 20 focos. Segundo explicaron os concelleiros Miguel Medela e Nicolás González Casares, as novas luminarias permitirán aforrar un 93% no consumo eléctrico con respecto ás actuais. Ler máis
Estes dispositivos permitirán que os moitos federados e afeccionados ao ciclismo que asisten ao Arena, poidan realizar boas sesións de adestramento en interior durante o inverno. Ler máis
Será a primeira proba deportiva realizada a carón do festexo gastronómico e contará cunha organización practicamente idéntica á da pasada edición. Ler máis
O reto consiste na realización por parte dos deportistas, que competirán en equipo e por relevos, de 100 series de 100 metros. Cada participante deberá aportar, para formar parte do evento, alimentos non perecedoiros ou outros produtos de primeira necesidade. A proba ten un claro compoñente inclusivo xa que todos os equipos contarán coa presenza de nadadores e nadadoras con algún tipo de discapacidade. Ler máis
Son o Balonmán Lalín, o Rugby Lalín, a Escola de Fútbol e Basketdeza, que ofrecen 10 fichas gratuítas cada un. O concello de Lalín incluíu por vez primeira a reserva de prazas de inclusión social como plus para optar a unha maior axuda municipal. Ler máis