Sede Electrónica Concello de Lalín
Plan de Acción para o Comercio e a Hostalería
Percorridos Virtuais
O Castro Tecnolóxico
Turismo de Lalín

Descubre a súa vida interior

VER MÁIS

Lalín en Imaxes

Unha vila aberta para disfrutar

VER MÁIS

Radio Lalín

Escóitanos no 106.8 FM

ESCOITAR RADIO LALIN

Corporación

cabecera deportes

Deporte en Lalín. O Noso Deporte

A oficina de Deportes está situada na Rúa Polideportivo S/N, Lalín.

Teléfono: 986783426, enderezo electrónico: deportes@lalin.org.

O seu horario de atención o público é de luns a vernes de 8:00 a 15:00 horas e de 17:00 a 21:00 horas.

Noticias

Juan José García Cota, médico da selección Española de Fútbol, impartirá unha Charla Coloquio en Lalín

Círculo de Recreo de Lalín - Casino, venres 22 de febreiro, ás 21:30 h

CRESPO CELEBROU ONTE EN LALÍN A PRIMEIRA REUNIÓN DE TRABALLO COS RESPONSABLES DE UNIPUBLIC PARA PLANIFICAR A SAÍDA DA VOLTA A CICLISTA QUE PARTIRÁ DE LALÍN

O equipo de traballo estivo a valorar varios opcións de trazado polas distintas rúas do casco urbano e a viabilidade dos mesmos, así como a ubicación do amplo desplegue técnico que acompaña a saída da volta na capital dezana // Pedro Lezaun, director de produción da Volta Ciclista, destacou as posibilidades que ofrece o casco urbano lalinense para afrontar un evento deste tipo ao poder dispor de varias áreas de rúas anchas e espazos abertos nos que ubicar o amplo desplegue de intendencia. Ler máis

III Open de Pádel Cocido de Lalín

Inscricións: Multiusos Lalín Arena ata o día 15 de Febreiro Ler máis

3ª CARREIRA do COCIDO – LALÍN 2013

O Concello de Lalín máis o clube Escola de Atletismo Deza, organizan o domingo 10 de Febreiro de 2013, de 11 a 13:30 horas, a 3ª Carreira Pedestre do COCIDO con saída e chegada xunto a praza da igrexa Ler máis

A Deputación de Pontevedra destina 350000 Euros para apoiar o Deporte de Competición Federado para o 2013

O prazo de solicitudes será de 30 días a partir do día seguinte ó da publicación da convocatoria no BOP Ler máis

LALÍN E FISTERRA DESENVOLVERÁN ACTOS DE PROMOCIÓN TURÍSTICA, GASTRONÓMICA E DEPORTIVA CONXUNTA CON MOTIVO DA ETAPA DA VOLTA CICLISTA 2013 “KMO DE GALICIA-CABO DO MUNDO”, TRAS ACEPTAR O REXEDOR FISTERRÁN A PROPOSTA FEITA POR CRESPO

O alcalde de Lalín, José Crespo, departiu hoxe na presentación da Volta Ciclista a España 2013 con diversos persoeiros como Carlos Núñez, Indurain ou Javier Guillén. “Fixen moitos contactos para sacarlle a máxima das rendibilidades a este importante evento”, dixo Agradece a Louzán as negociacións para que a Volta Ciclista a España 2013 pase por Lalín e tres concellos máis do Deza (Agolada, Vila de Cruces e Silleda) Ler máis

DOMÍNGUEZ ANUNCIA QUE MAÑÁ DÁ COMEZO NO LALÍN ARENA O CAMPIONATO NACIONAL ZONAL NORTE TENIS DE MESA NO QUE TOMARÁN PARTE UNHAS 600 PERSOAS DE GALICIA, ENTRE OS 400 PARTICIPANTES E ACOMPAÑANTES

O Campionato Nacional Zonal Norte Tenis de Mesa reunirá no Lalín Arena desde mañá e ata o próximo domingo, 4 de novembro, a unhas 600 persoas -400 participantes e 200 acompañantes- procedentes de Galicia, Asturias, Cantabria, Castela-León e País Vasco en torno a este deporte. Ler máis

DOMÍNGUEZ INFORMA QUE AS AXUDAS PARA ACTIVIDADES DEPORTIVAS DE CLUBES E ENTIDADES 2012 PÓDENSE SOLICITAR DESDE MAÑÁ E ATA O 19 DE NOVEMBRO

O concelleiro de Deportes incide no esforzo do Concello por manter a mesma contía destinada ás subvencións en 30.000 euros, ao igual que o ano pasado Ler máis

A plantilla do RC Celta de Vigo visitou a casa consistorial

O alcalde fíxolle entrega de produtos de primeira calidade da nosa zona doados por Embutidos Lalinenses e Pazo de Anzuxao Ler máis

Roteiros de Lalín