Proponse elixir unha andaina entre a vintena que compoñen a oferta de Roteiros de Lalín e un dos restaurantes locais que ofrecen cocido para degustar o prato rei da gastronomía galega tras rematar a camiñata.
Tamén se ofrece a oportunidade de acollerse á modalidade de rutas guiadas, que se poden solicitar a través do correo electrónico viariumdezae@gmail.com
Un grupo de 50 persoas procedentes da Coruña realizarán o día 16 o Roteiro do Corpiño. Ler máis
ermitirá corrixir os problemas de luz desta instalación, mellorando a luminosidade e, ao mesmo tempo, proporcionando aforro enerxético e económico.
O Concello destina a esta actuación un orzamento de 178.334 euros.
González Casares e Santiago Castro salientaron a relevancia desta iniciativa, tendo en conta a intensidade de uso do Cortizo e os seus altos índices de consumo enerxético. Ler máis
Trátase da terceira andaina que se marca de xeito permanente tras a da Ponte dos Cabalos e a do Monte do Carrio.
A andaina trazouse con tres obxectivos principais: vencellar a vila de Lalín coas fragas de Catasós, divulgar os recursos culturais e turísticos da contorna e engadir outro motivo para a defensa e conservación da fraga de Casas Vellas. Ler máis