cabecera cultura

Noticias

O CONCELLO DE LALÍN DESTINARÁ PRETO DE 46 MIL EUROS Á REPOSICIÓN DA CUBERTA NO MUSEO MUNICIPAL

As obras financiaranse con cargo á Liña 1 do Plan Concellos e xa conta coa pertinente autorización da Deputación de Pontevedra. As actuacións considéranse fundamentais para o bo mantemento e uso do edificio. Ler máis

17 PARROQUIAS BENEFÍCIANSE DAS AXUDAS MUNICIPAIS PARA A CELEBRACIÓN DE FESTAS PARROQUIAIS

Tal e como establecen as bases das axudas, só son subvencionables as actuacións de bandas de música, grupos de gaitas ou charangas do Concello. Ler máis

O CONCELLO CONVOCA UNHA EDICIÓN ESPECIAL DO CONCURSO DE PINTURA ESCOLAR “MESTRE LAXEIRO” PARA DEFINIR O DESEÑO DO PIN DA EDICIÓN NÚMERO 50 DA FEIRA DO COCIDO

As bases desta convocatoria, que xurdiu a proposta do alcalde, está dirixida ao alumnado de Primaria dos centros educativos de Lalín. O certame repartirá premios por valor de 1.740 euros entre escolares e centros de ensino. O deseño que se elixa tomarase como base, de maneira íntegra ou parcial, para a elaboración dun dos máis importantes símbolos de identidade da festa. Cuíña salienta que con esta iniciativa “involúcrase aos máis novos nunha celebración que puxeron en marcha hai 50 anos os seus bisavós e tataravós”. Ler máis

FINALIZA O OBRADOIRO ILUSTRANDO HISTORIAS COA ENTREGA DE DIPLOMAS E COA PREVISIÓN DE REPETILO EN NADAL

A concelleira de Cultura puxo de relevo o éxito da actividade e agradeceu a colaboración de Celso Fernández e o traballo das monitoras. Ler máis

O ALCALDE SOLICÍTALLE Á DIRECTORA DO CENTRO ASOCIADO DA UNED QUE REALICE UNHA PROPOSTA DE TÍTULACIÓNS ADAPTADA AO CONCELLO DE LALÍN

Rafael Cuíña amosou o seu interese por todo o relacionado coas enxeñerías agroindustriais e agrogandeiras, que permitirían ofrecer formación para a modernización dun dos sectores máis importantes para a economía do municipio. Ler máis

O CONCELLO E O IES LAXEIRO POÑEN EN MARCHA UNHA NOVA CAMPAÑA DE LECTURA EN VERÁN

Por cada 3 libros que os usuarios e usuarias collan en préstamo durante o verán recibirán unha mochila e un diario de lectura como agasallo. Ler máis

A CONCELLEIRA DE EDUCACIÓN VISITA O CEIP “XAQUÍN LORIGA” CO OBXECTO DE TRABALLAR EN COMÚN NA SOLUCIÓN DAS MÚLTIPLES DEFICIENCIAS DO CENTRO

A intención do Goberno é a de ir dando solución á maior parte deficiencias do colexio botando man de persoal propio, unha vez o Concello conte con persoal suficiente. As reclamacións teñen que ver coa realización de melloras e traballos de mantemento en aulas, aseos e pavillón, así como noutros espazos exteriores. Ler máis

O CONCELLO PROGRAMA NUMEROSAS ACTIVIDADES DESTINADAS AO FOMENTO DA LECTURA AO ABEIRO DA INICIATIVA “LER CONTA MOITO”

A concellería de Cultura, a través da Rede Galega de bibliotecas Públicas, recibiu unha achega de 850 euros para a organización das diferentes propostas. As actividades diríxense a nenos e nenas e terán lugar nos meses de maio, xuño, xullo e outubro. Ler máis

O CONCELLO DE LALÍN RECIBE 6.610 EUROS PARA A AMPLIACIÓN DO FONDO BIBLIOGRÁFICO E A ADQUISICIÓN DE NOVIDADES EDITORIAIS

4.413 son destinados ao reforzo das coleccións bibliotecarias e 2.197 á compra de novidades en galego. Ler máis

O CONCELLO ASINA UN CONVENIO CO CÍRCULO DE RECREO DE LALÍN PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES CULTURAIS NAS INSTALACIÓNS DESTA ASOCIACIÓN

O convenio ten unha duración de 3 anos prorrogables por períodos de igual duración ata un máximo de 12 anos.

Roteiros de Lalín