Sede Electrónica Concello de Lalín
Plan de Acción para o Comercio e a Hostalería
Percorridos Virtuais
O Castro Tecnolóxico
Turismo de Lalín

Descubre a súa vida interior

VER MÁIS

Lalín en Imaxes

Unha vila aberta para disfrutar

VER MÁIS

Radio Lalín

Escóitanos no 106.8 FM

ESCOITAR RADIO LALIN

Corporación

cabecera cultura

Cultura en Lalín

O servizo de Cultura está situado no enderezo rúa Ramón Aller, nº 9, Lalín.

O horario de atención o público é de luns a vernes de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 21:00 horas.

Para máis información, horarios especiais para grupos, visitas guiadas, excursións,...  pódese poñer en contacto co servizo de Cultura no

Teléfono: 986 784004             Email: museo@lalin.gal

Noticias

A CONCELLERÍA DE CULTURA INFORMA DAS SUBVENCIÓNS DA DEPUTACIÓN PARA ACTIVIDADES DO ANO DO PATRIMONIO 2017

O organismo provincial destinará un total de 245 mil euros a esta convocatoria. As entidades culturais interesadas en optar a estas axudas teñen de prazo ata o 31 de marzo para presentar as súas solicitudes. Ler máis

UN TOTAL DE 33 TRABALLOS OPTAN AO XXIII PREMIO ÁLVARO CUNQUEIRO DE XORNALISMO GASTRONÓMICO

Entre a listaxe de candidaturas, un total de 16 pertencen á categoría absoluta, mentres os restantes 17 entran dentro da sección de traballos académicos. Entre a listaxe de candidaturas, un total de 16 pertencen á categoría absoluta, mentres os restantes 17 entran dentro da sección de traballos académicos. Ler máis

A BIBLIOTECA DO CONSERVATORIO DE LALÍN HABILITA UN NOVO SERVIZO DE APOIO AO ESTUDO

Dous profesores do centro ofrecerán axuda ao alumnado que o desexe sobre a súa formación musical. Ler máis

MIGUEL ANXO MARTÍNEZ OUBIÑA GAÑA O XLII CERTAME NACIONAL GALEGO DE NARRACIÓNS BREVES "PREMIO MODESTO R. FIGUEIREDO"

O xurado concedeu dous accésits ás obras de María Greys López e de Emma Pedreira. A entrega de premios terá lugar o día 3 de febreiro, ás 20. 30 horas na Biblioteca municipal Varela Jácome. Ler máis

O CONCELLO DE LALÍN REACTIVARÁ A SOLICITUDE PARA QUE VARELA BUXÁN TEÑA O SEU DÍA DAS LETRAS GALEGAS

O Goberno súmase desta maneira as diferentes voces que levan reivindicando este recoñecemento dende hai anos. Tamén se lle reiterará á Real Academia Galega a proposta para que se homenaxee de igual xeito a Ramón de Valenzuela. O alcalde de Lalín xa se puxo en contacto esta semana co secretario da Real Academia Galega. Ler máis

O CONCELLO LEMBRA QUE O PRAZO PARA PARTICIPAR NO PREMIO DE NARRACIÓNS BREVES MODESTO R. FIGUEIREDO REMATA O DÍA 18

As narracións deben ser depositadas na Fundación Padroado do Pedrón de Ouro, en Santiago de Compostela, ou no concello de Lalín. Ler máis

A BIBLIOTECA MUNICIPAL VARELA JÁCOME PECHARÁ AO PÚBLICO A PRÓXIMA SEMANA PARA A COLOCACIÓN DO SEU NOVO MOBILIARIO

O centro reabrirá as súas portas en horario habitual o luns, 10 de outubro. O Concello dispoñía dun total de 75.924,69 euros para os novos equipamentos. Ler máis

O CONCELLO RECIBE UNHA SUBVENCIÓN DE MÁIS DE 3.000 EUROS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS EN GALEGO

Búscase a promoción da lectura e a mellora das coleccións das bibliotecas integradas na Rede de Bibliotecas de Galicia, da que forma parte a Biblioteca Municipal de Lalín. Ler máis

BASES XLII CERTAME NACIONAL GALEGO DE NARRACIÓNS BREVES“ PREMIO MODESTO R. FIGUEIREDO” ANO 2016

1.FINALIDADE DO PREMIO. A Fundación do Padroado do Pedrón de Ouro, coa colaboración do Concello de LALÍN ( PONTEVEDRA ) organiza o Certame Nacional Galego de Narracións Breves baixo o nome de "Premio Modesto R. Figueiredo”. Este certame organízase coa finalidade de promover a literatura narrativa en lingua galega e homenaxear ao seu artellador, o pontevedrés Modesto R. Figueiredo. Ler máis

“UNHA TÉCNICA SALVAXE” FOI VISITADA POR MÁIS DE 3.000 PERSOAS

Lara Rodríguez agradeceu profundamente o labor da Asociación de Amigos da Obra de Wily, en especial o da súa irmá Cruz, “que loita arreo por reivindicar e poñer en valor o traballo deste artista tan querido”. Ler máis

Roteiros de Lalín