Sede Electrónica Concello de Lalín
Plan de Acción para o Comercio e a Hostalería
Percorridos Virtuais
O Castro Tecnolóxico
Turismo de Lalín

Descubre a súa vida interior

VER MÁIS

Lalín en Imaxes

Unha vila aberta para disfrutar

VER MÁIS

Radio Lalín

Escóitanos no 106.8 FM

ESCOITAR RADIO LALIN

Corporación

cabecera cultura

Cultura en Lalín

O servizo de Cultura está situado no enderezo rúa Ramón Aller, nº 9, Lalín.

O horario de atención o público é de luns a vernes de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 21:00 horas.

Para máis información, horarios especiais para grupos, visitas guiadas, excursións,...  pódese poñer en contacto co servizo de Cultura no

Teléfono: 986 784004             Email: museo@lalin.gal

Noticias

ABERTO O PRAZO PARA SOLICITAR AS AXUDAS PARA A CELEBRACIÓN DE FESTAS PARROQUIAIS EN LALÍN

Lara Rodríguez explica que se destinarán un total de 11 mil euros a esta iniciativa. As bases contemplan un incremento de 100 euros na cantidade fixa destinada por cada unha das actuacións subvencionables. A concelleira incide en que as comisións de festas deben estar constituídas por un mínimo de tres persoas e que só se admitirán como xustificantes os pagos realizados mediate transferencia ou ingreso bancario. Ler máis

ABERTO O PRAZO PARA SOLICITAR AXUDAS MUNICIPAIS Á ORGANIZACIÓN DE ACTIVIDADES CULTURAIS EN 2018

En total o Concello de Lalín destina a esta orde de axudas 10.000 euros. Ler máis

O PAZO DE LIÑARES ACOLLERÁ A MOSTRA DE ANXO CABADA QUE CONXUGA FOTOGRAFÍA E LITERATURA GALEGA ACTUAL

O Concello de Lalín e a Deputación de Pontevedra inaugurarán o vindeiro venres, ás 17.00 horas, “O imaxinario do País. Letras de Magnesido”, que se enmarca na programación do Ano da Lingua da Deputación. A mostra permite avanzar no obxectivo primordial de encher Liñares de contidos e convertelo nun polo fundamental para a atracción de visitantes a Lalín. Ler máis

O CONCELLO ACTIVA AS AXUDAS PARA A CELEBRACIÓN DE FESTAS PARROQUIAIS EN LALÍN

Lara Rodríguez explica que se destinarán un total de 11 mil euros a esta iniciativa As bases contemplan un incremento de 100 euros na cantidade fixa destinada por cada unha das actuacións subvencionables. A concelleira incide en que as comisións de festas deben estar constituídas por un mínimo de tres persoas e que só se admitirán como xustificantes os pagos realizados mediate transferencia ou ingreso bancario. O Boletín Oficial da provincia publica hoxe as bases reguladoras e o prazo para solicitalas abrirase unha vez se publique o extracto a próxima semana. Ler máis

LARA RODRÍGUEZ PON O “LUSCO & FUSCO” COMO EXEMPLO DO ENRIQUECEMENTO CULTURAL QUE ESTÁ A VIVIR LALÍN COA A SÚA XESTIÓN COMO CONCELLEIRA

A responsable de Cultura salienta o paso dunha cultura espectáculo á unha cultura creativa e participativa na que teñen cabida propostas innovadoras e diferentes. Destaca o amplo abano de posibilidades dentro da programación cultural estival que van dende concertos de bandas a espectáculos de circo na rúa, teatro, cine e, tamén transgresións. O festival foi desenvolvido “con agarimo, intelixencia e bo gusto” e gozou dunha gran acollida, polo que se buscará darlle continuidade nos próximos anos. Ler máis

O CONCELLO SOLICITA Á AGADIC QUE MELLORE E AMPLÍE O CONVENIO DA REDE GALEGA DE TEATROS, E QUE INCLÚA A LALÍN EN CINEMAS DE GALICIA

O alcalde e a concelleira de Cultura mantiveron esta mañá unha reunión en Santiago co director da Axencia galega de Industrias Culturais. Rafael Cuíña e Lara Rodríguez agradeceron a boa disposición de Jacobo Sutil a atender as demandas do Concello. Ler máis

A EXPOSICIÓN “MANUEL COLMEIRO. A PINTURA, ANTES DE PINTAR” RECIBE MÁIS DE 4 MIL VISITAS NO MUSEO

Lara Rodríguez considera que a mostra composta por 40 obras do artista trasdezao alcanzou un “éxito rotundo e sen precedentes”. Foron numerosas as visitas de centros educativos, colectivos, coleccionistas e persoas amantes das artes plásticas e da obra do pintor Colmeiro. A concelleira agradeceu a “solvencia e o enorme traballo” do comisario da mostra, David Barro. Ler máis

O MUSEO MUNICIPAL ABRIRÁ AS FINS DE SEMANA CANDO SE CELEBREN EXPOSICIÓNS DE INTERESE ESPECIAL

Lara Rodríguez anunciou que o horario se amplía aos sábados de 11.00 a 14.00 horas e de 18.30 a 20.30 horas. A iniciativa busca darlle a todo o mundo a oportunidade de visitar o Museo e as diferentes mostras organizadas polo Concello. A concelleira lembra que a exposición de Manuel Colmeiro “A pintura antes de pintar” se pode visitar ata o vindeiro día 16 de maio. Ler máis

LALÍN ACOLLE A PARTIR DE MAÑÁ A EXPOSICIÓN RETROSPECTIVA "MANUEL COLMEIRO. A PINTURA, ANTES DE PINTAR"

A mostra permanecerá aberta ao público ata o vindeiro 16 de maio no museo Ramón María Aller. Ler máis

O FESTIVAL ATLÁNTICA LEVA 4 ESPECTÁCULOS ATA LALÍN

Noelia Carioca, Boniface Ofogo e Avelino González serán os narradores das funcións dos días 16, 20 e 21, respectivamente. Haberá pases para adultos e tamén para o público infantil, todos elas gratuítos ata completar o aforo. Ler máis