Cando aínda queda cando menos outra recollida en outono, a cifra xa supera á de todo o ano 2015 e está moi próxima ás case 146 toneladas de 2016 Ler máis
Entre os cambios introducidos este ano destaca a substitución da sección de gran campiona provincial pola de mellor criador de xovencas. O alcalde animou a toda a cidadanía a asistir a este evento e a “desfrutar do rural e da magnífica calidade da nosa cabana gandeira”. Feiradeza é un certame gandeiro de referencia en Galicia que este ano contará co xuíz internacional de Conafe, Santiago García Souto, para xulgar os concursos. Ler máis
Para levar a cabo este proceso, como é habitual, dividiuse o termo municipal en 3 grandes áreas nas que se realizarán as recollidas de residuos de xeito cronolóxico. Os plásticos non poden ser acopiados fóra das datas marcadas e deberán ser entregados limpos de herba e terra e non se poderán depositar garrafas nin rodas. O Concello reforzou este servizo de máxima importancia para os gandeiros, realizándoo 3 veces nos últimos 10 meses. Ler máis
O certame gandeiro de máis sona da provincia acollerá o XIII concurso e subasta da raza frisona. Onte tivo lugar no concello unha xuntanza de organización na que se decidiu substituír a sección de “campiona provincial” por outra de “mellor criado de xovencas". Ler máis
O porco bravo destrozou nos últimos días parcelas enteiras de millo recén sementado na zona de Cangas, Rodís e Palio. Hermida anima a todos os afectados a denunciar os danos e reclama que se paguen todos os desperfectos tendo en conta o seu valor real. O Concello porá a disposición dos gandeiros os formularios de denuncia dirixidos a Medio Ambiente. Ler máis
As primeiras reunións para a veciñanza terán lugar o luns na Xesta e Botos e o martes en Gresande e Soutolongo. Informarase sobre a problemática que entraña esta invasora e sobre os métodos de loita máis eficaces para a súa erradicación. A colaboración veciñal é fundamental para e eliminacións de velutinas. Ler máis
Terá lugar en tres fases, realizándose recollidas os días 6, 7 e 8 de febreiro nas primeiras parroquias, o 13, 14 e 15 nas segundas, rematando nas terceira área os días 20, 21 e 22. Os plásticos entregados deben estar limpos de herba e terra e non se poderán depositar garrafas nin rodas. Ler máis
O concelleiro de Rural sinala que as actuacións servirán para “seguir fomentando o desenvolvemento das áreas rurais e do sector gandeiro do municipio”. Ler máis
O encontro serviu para coñecer de primeira man o punto de vista dos cooperativistas lalinenses con respecto á fusión e valorar as posibilidades que se abren a este respecto no municipio e na comarca. Servirá de punto e seguido para próximos encontros dotados de máis contido encamiñado a conformar estruturas cooperativas máis organizadas e de maior nivel. O alcalde trasladaralle á Consellería de Medio Rural e á presidenta da Deputación o falado na xuntanza. Ler máis