cabecera seccion agraria

Oficina Agraria.

agraria interna

A Oficina Agraria está ubicada na pranta baixa do Concello de Lalín. Praza de Galicia, 1. Lalín.

O seu horario de atención é de luns a vernes, de 8:00 a 15:00 horas. Teléfono: 986787060, oficina Agraria.

Noticias

LALÍN RECOLLE MÁIS DE 63 TONELADAS DE PLÁSTICOS AGRICOLAS NA ÚLTIMA CAMPAÑA

Hermida explicou que “aínda que na actualidade a recollida de plásticos de silo se fai dúas veces ao ano, o obxectivo é poder realizala, polo menos, en tres ocasións”. Celia Alonso, recordou que a nova ordenanza medio ambiental contempla sancións pola queima ou o depositado de plásticos en colectores convencionais. Ler máis

CUÍÑA CONTINÚA COA ROLDA DE ENCONTROS VECIÑAIS POLAS PARROQUIAS PARA COÑECER AS PRINCIPAIS NECESIDADES DO RURAL

As reunións continuarán ata chegar a todas e cada unha das localidades do rural para ir dando resposta ás demandas dos veciños e coñecer as súas necesidades máis urxentes. Cuíña e Medela déronse hoxe cita ás 21.00 horas, cos veciños e veciñas de Méixome. Ler máis

LALÍN ACOLLERÁ EN NOVEMBRO O ENCONTRO 'RURAL IMAXINADO', QUE PRETENDE DAR RESPOSTA AOS RETOS DE FUTURO DO CAMPO GALEGO

Rafael Cuíña destaca o enorme potencial económico do rural lalinense e aposta por aproveitar ideas para potenciar a súa recuperación. O encontro celebrarase con carácter gratuíto en Lalín o próximo 13 de novembro e actualmente está aberto o prazo para a presentación de relatorios. Ler máis

O GOBERNO MUNICIPAL INICIA A ELABORACIÓN DOS ORZAMENTOS PARA O VINDEIRO ANO

As contas municipais priorizarán o investimento en políticas sociais, a recuperación do rural e a dinamización económica, social e cultural do concello. Ler máis

HERMIDA RECOMÉNDALLE AO PP QUE DEIXE DE FACER O RIDÍCULO DEFENDENDO O PROXECTO DO PORCO LALAINO

O concelleiro di que os populares deberían ter vergoña e pedir perdón por despilfarrar centos de miles de euros nunha iniciativa esperpéntica e que supuxo “un fracaso perfecto”. Hermida enmarca o proxecto do porco lalaino nos delirios de grandeza de Crespo a calquera custe. Ler máis

O GOBERNO CUALIFICA DE ÉXITO ROTUNDO A MOBILIZACIÓN GANDEIRA E AGARDA QUE SE TOMASE BOA NOTA DO QUE É UN CLAMOR POPULAR

O Concello pídelle á Xunta que abandone unha estratexia equivocada e ineficaz e que se poña canto antes a liderar as reivindicacións do sector. O Concello reafirma o seu compromiso coas lexítimas demandas dos gandeiros tras o clamor escoitado onte nas rúas de Lalín. O Goberno alégrase de que Crespo se dignase a aparecer por un acto que tachou de algarada e que tratou de boicotear ata o último momento Ler máis

CUÍÑA PIDE O APOIO DE TODOS E TODAS AS LALINENSES NA MANIFESTACIÓN DE MAÑÁ EN FAVOR DO SECTOR LÁCTEO

O rexedor mantivo unha reunión coas forzas de seguridade para coordinar o bo desenvolvemento do acto de protesta, no que participarán 400 tractores. Acusou a Crespo de desmobilizar aos gandeiros e de “estar máis pendente de intereses partidistas que de defender un sector estratéxico para Lalín”. Cuíña, Casares e Hermida repartiron bandos polos establecementos da vila demandando a participación e o respaldo á manifestación. Ler máis

HERMIDA ACUSA A CRESPO DE INTENTAR DIVIDIR AO SECTOR LÁCTEO NUN DOS MOMENTOS MÁIS CRÍTICOS DA SÚA HISTORIA

Recorda a ausencia do PP de Lalín na reunión da plataforma da semana pasada e recalca o panorama de unión e o apoio incondicional do actual Goberno ao sector. O alcalde considera “lamentable” que Crespo “presuma de ter amizade cun empresario que se burla dos gandeiros”, en referencia a Jesús Lence. Ler máis

O CONCELLO PON A DISPOSICIÓN DOS LALINENSES DOUS BUSES PARA ACUDIR Á MANIFESTACIÓN DO SECTOR LÁCTEO MAÑÁ EN SANTIAGO DE COMPOSTELA

Dende o Concello faise un chamamento á participación masiva da cidadanía na mobilización. Ler máis

CUÍÑA ACUSA A LEITE RÍO DE PRACTICAR O “TERRORISMO ECONÓMICO” CONTRA OS GANDEIROS DA COMARCA

O alcalde afirma que o concello tomará todas as medidas que estean na súa man para impedir este “brutal ataque” contra o sector. Ler máis

Roteiros de Lalín