Sede Electrónica Concello de Lalín
Plan de Acción para o Comercio e a Hostalería
Percorridos Virtuais
O Castro Tecnolóxico
Turismo de Lalín

Descubre a súa vida interior

VER MÁIS

Lalín en Imaxes

Unha vila aberta para disfrutar

VER MÁIS

Radio Lalín

Escóitanos no 106.8 FM

ESCOITAR RADIO LALIN

Corporación

cabecera seccion agraria

Oficina Agraria.

agraria interna

A Oficina Agraria está ubicada na pranta baixa do Concello de Lalín. Praza de Galicia, 1. Lalín.

O seu horario de atención é de luns a vernes, de 8:00 a 15:00 horas. Teléfono: 986787060, oficina Agraria.

Noticias

LALÍN CELEBRA A XXX FEIRA DO CABALO

No programa de actividades inclúense propostas para o desfrute de todos e todas relacionadas co mundo equino, tales como espectáculos deportivos, carruseis, partido de Horseball, xincanas, Campionato Galego de Enganche, e como espectáculo estrela na tarde do domingo terá lugar un gran espectáculo ecuestre a cargo da Escola de Equitación Centauro no que participarán ducias de persoas e ata 24 animais. Ler máis

O CONCELLO SOLICITA A PROPIETARIOS DE FINCAS EN MAL ESTADO QUE PROCEDAN Á SÚA LIMPEZA E ACONDICIONAMENTO

O concelleiro do Rural lembra que os donos teñen a obriga legal de conservar nas mellores condicións os seus terreos. Miguel Medela fai un chamamento á responsabilidade de todos os propietarios para garantir a seguridade de persoas e de vivendas próximas ante o posible risco de incendios. O edil lembra que o Concello non pode actuar directamente en propiedades privadas, polo que é importante que se atendan os requirimentos. O Concello remitiu en 2017 un total de 116 solicitudes para a limpeza de fincas. Ler máis

O CONCELLO INICIA A PARTIR DO DÍA 10 A PRIMEIRA CAMPAÑA DO ANO DE RECOLLIDA DE PLÁSTICOS DE SILO

Para levar a cabo este proceso, como é habitual, dividiuse o termo municipal en 3 grandes áreas nas que se realizarán as recollidas de residuos de xeito cronolóxico. Os plásticos non poden ser acopiados fóra das datas marcadas e deberán ser entregados limpos de herba e terra e non se poderán depositar garrafas nin rodas. O Concello reforzou este servizo de máxima importancia para os gandeiros. Ler máis

O CONCELLO AMPLÍA POR UN ANO O CONTRATO CON XUNCOGA PARA O SERVIZO DE SUBSTITUCIÓN GANDEIRO

González Casares mostrou a súa satisfacción “pola ampliación deste contrato, a través do que Xuncoga vén realizando un excelente e recoñecido labor que lles permite aos nosos produtores desfrutar de merecidos días de descanso”. Ler máis

O CONCELLO EFECTUARÁ NOS PRÓXIMOS DÍAS MELLORAS E REFORMAS NOS LOCAIS SOCIAIS DE SOUTOLONGO, CANGAS, BOTOS, PARADA E VILATUXE

As actuacións desenvolveranse de acordo coas peticións realizadas nas diferentes reunións mantidas cos veciños. Estes traballos de mantemento súmanse ás obras proxectadas polo Concello en diferentes locais sociais e que suporán un investimento de preto de 200 mil euros. Xa se levou a cabo a ampliación do de Prado e diferentes obras nos de Moneixas e Noceda. Tamén se levarán a cabo novas melloras nos locais de Palio, Zobra, Noceda e A Xesta. Ler máis

CUÍÑA PRESÉNTALLE AOS VECIÑOS DE GOIÁS O PROXECTO PARA LEVAR O ABASTECEMENTO A CÁCEME, A IGREXA E CASAS NOVAS

A iniciativa, que contempla un investimento de preto de 60 mil euros, levarase para a súa aprobación ao vindeiro Pleno municipal. O alcalde salienta que, desta maneira, dáselle cumprimento aos firmes compromisos adquiridos nos últimos meses coa veciñanza de Goiás. Ler máis

LALÍN ACOMETERÁ ENTRE O 13 E O 29 DE NOVEMBRO UNHA NOVA CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE PLÁSTICOS DE ENSILAXE

Para levar a cabo este proceso, como é habitual, dividiuse o termo municipal en 3 grandes áreas nas que se realizarán as recollidas de residuos de xeito cronolóxico. Os plásticos non poden ser acopiados fóra das datas marcadas e deberán ser entregados limpos de herba e terra e non se poderán depositar garrafas nin rodas. O Concello reforzou este servizo de máxima importancia para os gandeiros. Ler máis

O CONCELLO PROGRAMA UN CICLO DE CHARLAS POLO RURAL SOBRE O “CATASTRAZO”, CONTINUANDO COA CAMPAÑA INFORMATIVA SOBRE ESTE PROCESO

O programa informativo desenvolverase do 2 ao 7 de setembro chegando a todas as parroquias do municipio e será impartido polos concelleiros de Facenda. Ante o escaso prazo para realizar alegacións e para poder chegar a todas as zonas, as sesións realizaranse agrupando parroquias tendo en conta a localización e o aforo dos centros sociais. O Goberno segue encabezando a facilitación de asesoramento sobre o proceso “tendo en conta que a cidadanía está absolutamente indefensa ante esta situación”. Ler máis

O CONCELLO E UNIÓNS AGRARIAS ABORDAN O “CATASTRAZO” E AS BONIFICACIÓNS A EXPLOTACIÓNS

• O próximo luns, ás 21.30 horas, no salón teatro, terá lugar unha reunión informativa aberta ao público sobre esta cuestión. O Concello incorporará á ordenanza a natureza “estratéxica” das granxas, o que permitirá bonificalas de cara o 2018 con ata o 95% da cota íntegra do IBI. Ler máis

O CONCELLO DE LALÍN RECOLLEU NO QUE VAI DE ANO CASE 131 TONELADAS DE PLÁSTICOS AGRÍCOLAS

Cando aínda queda cando menos outra recollida en outono, a cifra xa supera á de todo o ano 2015 e está moi próxima ás case 146 toneladas de 2016 Ler máis