ACTIVIDADES CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO CONCELLO DE LALÍN

ACTIVIDADES CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO CONCELLO DE LALÍN
Mércores 23 de Novembro de 2016 - Con motivo do 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, o Concello de Lalín, a través da Oficina de Igualdade, organiza unha serie de actividades de información, prevención e sensibilización que teñen por finalidade incrementar a concienciación e sensibilidade da sociedade ante esta gran lacra social.

MÉRCORES 16 DE NOVEMBRO

FALLO DO XIII CONCURSO DE CARTAS “DILLO A QUEN MALTRATA” 2016

1º premio cartas: Bienvenido Suárez Suárez (Ourense) coa carta titulada Esperanza
2º premio cartas: Mª Julia Tomé Ortega (Vigo) coa carta titulada Non coma ti
3º premio cartas: Margarita Suárez Dosío (Vigo) coa carta titulada Hai que darlle a volta ao lobo

FALLO DO V CONCURSO DE TUITS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO 2016

1º premio: Martiño Riera Rodríguez (Lalín) co tuit A indignación berrou basta, a valentía deu

o primeiro paso e a liberdade acompañouna naquela nova viaxe

A entrega de premios será o sábado 26 de novembro ás 20:00 h no Centro Comercial

Pontiñas, no V iolrt(Arte - Acción para previr a violencia de xénero)

MARTES 22 DE NOVEMBRO

LALÍN VIOLETA

Con motivo da conmemoración do 25N Día Internacional contra a violencia de xénero, queremos tinguir o noso pobo de violeta, color reivindicativo contra esta gran lacra social.

Entre outras actuacións, a partir do martes e ao longo de toda a semana:

Despregarase un gran lazo violeta na fachada do Concello.

Colgárase unha pancarta reivindicativa na balconada do Concello.

As farolas das rúas principais e as estatuas máis representativas do pobo portarán lazos violetas.

Reparto de pegatinas co lazo violeta reivindicativo e co #lalinsenviolencia entre a poboación.

VENRES 25 DE NOVEMBRO

CONCENTRACIÓN DE REPULSA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO ÁS 12 H. NO VESTÍBULO DO CONCELLO

Neste acto simbólico no que está invitada a participar toda a cidadanía, está confirmada a asistencia de alumnado e profesorado de Primaria e Secundaria dos centros educativos Manuel Rivero, Xesús Golmar, Sagrado Corazón, Xoaquín Loriga, IES Laxeiro e IES Ramón Aller que amosarán a través de diferentes manifestacións o seu rexeitamento ante esta gran lacra social.

Lectura de manifesto contra a violencia de xénero.

Reparto de pegatinas co lazo reivindicativo e co #lalinsenviolencia.

SÁBADO 26 DE NOVEMBRO

V iolrt(ARTE - ACCIÓN CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO) 2016

A partir das 18:00 h. no Centro Comercial Pontiñas.

iolrt(Arte - Acción contra a violencia de xénero) é un festival de creatividade en contra desta lacra social.

A nosa intención é chegar coa mensaxe de que a violencia é unha lacra social terrible, ao maior número de persoas, involucrándoas de maneira directa, a través da súa actividade artística, convidándoas a reflexionar cunha carta ou tuit, mediante a participación nun xogo, a creación dunha canción, dunha performance de danza, ou simplemente, coa súa presenza nas diferentes accións, co fin de aumentar a capacidade propia da mensaxe ampliando as canles e os medios de comunicación da mesma.

Desde a Oficina de Igualdade, tratamos de sumar esforzos empregando os recursos locais e

implicando a un nutrido grupo de persoas e colectivos.

Que é iolrt(rtección contra a iolenci de xénero)

Unha mirada á violencia de xénero dende diferentes manifestacións artísticas. Actuacións libres e coordinadas que xurden do desexo de sumar esforzos para transformar e mellorar a nosa sociedade.

Que pretende iolrt∑

O obxectivo é corrixir situacións de desigualdade a través da creación artístico-cultural, visibilizar a través destas creacións a realidade da violencia de xénero e sensibilizar a toda a poboación a través da súa participación. Pretende ser un festival de creatividade en contra desta lacra que sofren millóns de mulleres e nenas en todo o mundo.

Onde será iolrt∑

No Centro Comercial Pontiñas

Cando vai a ser iolrt∑

O sábado 26 de novembro a partir das 18: 00 h.

Actividades de iolrt∑

Obradoiros, Paneis Artísticos, Contacontos, Xogos, Performance, Baile, Música en directo, Entrega de premios do XIII Concurso de cartas “Dillo a quen maltrata” e V Concurso de tuits contra a violencia de xénero..., dirixido a persoas de todas as idades, sexos, etnias, crenzas, clases, tamaños, pesos, gustos,... que libremente desexen facer aportacións contra a violencia de xénero, participar nalgún grupo, ou simplemente ver o que outras persoas fan.

18:00 h. PANEL ARTÍSTICO CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

No que participarán artistas locais e persoas afeccionadas, que a través do seu traballo creativo artístico-cultural axudaránnos a reflexionar sobre a violencia de xénero, en directo, a través da arte gráfica. Coa participación de Sé Senande, Xabier Arias, Lucía Dubra...

OBRADOIRO “SABES O QUE É. ETIQUETA A VIOLENCIA! - ELABORACIÓN DE PANCARTAS

Obradoiros de etiquetas, globos, pancartas nas que escribir mensaxes curtas de sensibilización contra a violencia de xénero: “Non é non”, “O silencio fainos cómplices” , “Nin unha máis”...

OBRADOIRO DE ELABORACIÓN DE PINS

XOGOS COOPERATIVOS

OBRADOIRO DE MAQUILLAXE IGUALITARIO

XINCANA POLA IGUALDADE

CONTACONTOS POLA IGUALDADE (en diferentes tendas do Centro Comercial)

Coa colaboración de Gracia Santorum e un grupo de alumnado dos clubes de lectura do IES Laxeiro invitarán a nenas, nenos e maiores a desfrutar das lecturas seleccionadas para esta ocasión.


20:00 h. ENTREGA DE PREMIOS DO XIII CONCURSO DE CARTAS “DILLO A QUEN MALTRATA” E V CONCURSO DE TUITS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.

20:30 h. MÓVETE CONTRA A VIOLENCIA

Co apoio dos grupos de baile da Asociación “Máisquedanza” liderada por Marta Maceiras e “Sceneballet” baixo a dirección de Graciela Míguez , poderemos movernos ao son das creativas coreografías creadas especificamente para esta ocasión.

21:00 h. MÚSICA EN DIRECTO CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Coa colaboración de Pandereteiras Ponte da Prata Botos, Iria Varela, Andrés Otero, Diego Rodríguez e Nelly Portas, que a través das súas letras poñen de manifesto o seu rechazo máis absoluto contra esta gran lacra social.

ESPERÁMOSTE!!! ESPERÁMOSVOS!!!

Roteiros de Lalín