VI TRAIL DE VILATUXE 2018

VI TRAIL DE VILATUXE 2018
Mércores 23 de Maio de 2018 - 03 de xuño de 2018

MODALIDADES

  • A proba Trail longo terá un percorrido aproximado de 34 Km e un desnivel de 2.200 m + resultando 4.400 m na serra do Candán con un 94% por sendas, un 4% por pistas e un 2% por pista asfaltada.

  • A proba Trail curto con un percorrido de 17,5 km e 850 m de desnivel +.

  • A Andaina non competitiva, realizarase polo mesmo percorrido do Trail curto.

SAÍDA

  • Para o Trail longo será as 9:00 horas, e para o Trail curto e Andaina as 9:30 horas.

INSCRIPCIONS

Será a través da páxina Champion Chip Norte:

https://championchipnorte.com/evento/detalle/id/1454/vi-trail-de-vilatuxe-2018

Para as tres probas haberá dous prazos de inscrición e un desconto para os federados.

Primeiro prazo do 1 de abril ó 30 de abril: Para este período os prezos serán os seguintes:

  • Trail longo non federados 23 €, federados 20 €.

  • Trail curto non federados 18 €, federados 15 €.

  • Andaina non federados 10 €, federados 7 €.

Segundo prazo do 1 de maio ó 30 de maio: Para este período os prezos serán os seguintes:

  • Trail longo non federados 28 €, federados 25 €.

  • Trail curto non federados 23 €, federados 20 €.

  • Andaina non federados 15 €, federados 12 €.

XANTAR

  • Poderase inscribir a cantos acompañantes se desexe para o xantar, previo pago, a través da plataforma de inscrición de Champion Chip, dun complemento de 3 € por acompañante.

RETIRADA DE DORSAIS

Para todas as probas poderanse retirar o día anterior sábado 2, a partir das 18:00 no Puzo do Boi (praia fluvial de Vilatuxe), do mesmo xeito tamén se poderán retirar o mesmo día na zona de saída e meta entre as 7:00 e as 8:30 horas. Para a retirada de dorsais será obrigatorio presentar o DNI ou pasaporte, non podendo retirarse por unha persoa distinta ó destinatario. Para oscorredores participantes na Copa Galega, será obrigatorio presentar a licenza federativa, que quedara en custodia da organización ata o remate da proba.

OUTROS SERVIZOS

  • DUCHAS:na mesma zona de meta e a maiores a organización porá a disposición dos corredores as duchas do colexio público de Vilatuxe, a 1 km da saída (N 42º 36’ 51’’W 08º 11’ 31’’)

  • APARCADOIRO: Habilitarase zona para estacionamento de auto caravanas e vehículos ao carón da zona de meta.

Portal Transparencia

Roteiros de Lalín