PROGRAMACIÓN CULTURAL AGOSTO 2016

PROGRAMACIÓN CULTURAL AGOSTO 2016
Luns 22 de Agosto de 2016 - Cine, música e clown, protagonistas deste mes.

Martes 9 de agosto ás 20:30 hs. no Museo Ramón M.ª Aller

Presentación do Libro:

LOS ZAPATOS DE MAR”

Autora e Ilustradora: Aina Pujol

Celso Fernández Sanmartín

Conta o conto

Carla Fernández (657 03 50 31)

Acompaña ao piano cunha composición própia

María PilarVence

Achéganos ao mundo dos refuxiados

Resumo do conto:

A través da historia de Mar, a serea, que axuda a un neno pequeno que perde a súa nai mentres

fuxían xuntos do seu país.

A autora achega ao público infantil, cunha linguaxe sinxela, a problemática das pateiras e dos

inmigrantes en calquera lugar do mundo.

Venres 12 de agosto ás 20:30 hs. na Praza da Igrexa

Caso de mal tempo no Concello

Orquestra do Espazo de Cámara da USC

MÚSICAS DO NOVO MUNDO

Director

Mario Diz

615 40 09 70

A Orquestra do Espazo de Cámara da

USC, é un proxecto que se vén

desenvolvendo dende o ano 2010 no

que estudantes, profesorado e

afeccionados á música, integrantes

desta agrupación, protagonizan un

intercambio cultural co público e a

cidadanía dos concellos que a acollen.

A orquestra integrada por máis de 50

persoas, ofrece unha programación de

interese en prol da promoción e a

difusión da música clásica.

Programa:

Choros nº1 H. Villa-lobos

Pigmalion A. Piazzolla / M. Diz

Adiós Nonino A. Piazzolla / M. Diz

Danzón nº 2 A. Márquez

Suite Estancia A. Ginastera

Sábado 13 de agosto ás 21:00 hs. na Praza da Igrexa

Caso de mal tempo no Concello

Limiar Teatro

A língua na boca

Elenco:

Fran Núñez

645 44 48 36

Brais Iriarte

A Linguana boca”, letras riscos e pensamentos de

CASTELAO é un espectáculo cómico, poético e

musical sobre a figura do polifacético Alfonso

Daniel Rodríguez Castelao. Un proxecto deseñado

para a Deputación de Pontevedra con motivo da

celebración do Ano Castelao. Un espectáculo sobre o

home, sobre o debuxante, sobre o médico, sobre o

político, sobre o escritor.

Un espectáculo sobre Galicia e a súa lingua a través

dunha achega contemporánea á obra de Castelao. Dicía

Castelao: “Se aínda somos galegos é por obra e graza

da lingua”. A lingua como xeito de entender e coñecer

o mundo, a lingua como elemento de unión nun relato

cultural compartido.

Castelao é unha das principais figuras da historia da

Galiza,porén, non é pasado, é presente e futuro. Dende

esa premisa construímos un espectáculo que serve de

homenaxe e de reflexión compartida sobre o seu

legado pois Castelao están máis de actualidade que

nunca.

Venres 19 de agosto ás 22:00 hs. na Praza da Igrexa

En caso de mal tempo realizarase no Concello.

CINE NA RÚA CON MÚSICA EN DIRECTO

caspervek trio

Eduards Vecbastiks

629 34 02 90

Brais González

Blas Castañer

THE KID (EL CHICO)

Ano: 1921

Director:

Charles Chaplin

Reparto:

Charles Chaplin

Jackie Coogan

Edna Purviance

A primeira longametraxe de Chaplin como director,

The Kid”, é unha comedia dramática sobre un neno e

un vagabundo que se fan amigos nas rúas dunha cidade

norteamericana; unha intelixente combinación de

elementos dramáticos e cómicos. Tal e como se pode

ler nos créditos iniciais: “unha película cun sorriso… E

quizais unha bágoa”.

A película converteu a Jackie Coogan (o neno), por

aquel entón artista de vodevil, na maior estrela infantil

da época. Moitos biógrafos de Chaplin atribuíron a

especial relación entre os personaxes na cinta co feito de que Chaplin perdera un fillo moi pequeno

pouco antes de comezar a rodaxe. Así mesmo, o retrato da pobreza e a crueldade dos traballadores

sociais son reminiscencias directas da infancia de Chaplin en Londres. A máis famosa e antolóxica

escena do filme é a persecución do vagabundo e os traballadores sociais polos tellados da cidade,

seguida do emocionante reencontro dos dous protagonistas. Innovadora na súa combinación de

traxedia e humor, “The kid” é amplamente recoñecida como unha das mellores películas dos

últimos tempos.

Caspervek estudou tanto a música orixinal como a nova partitura de Chaplin para a nova

reedición de 1971 para crear unha aproximación á película que mestura varios xéneros do jazz e a

música lixeira coa tradición romántica.

Venres 26 de agosto ás 20:30 hs. no Museo Ramón M.ª Aller

Clausura da exposición:

Antón Lamazares

Angel Calvo Ulloa

Celso Fernández Sanmartín

Presenta:

Lara Rodrígurz Peña

Venres 26 de agosto ás 19:00 hs. na Rúa Colón

Caso de mal tempo no Concello

Peter Punk

A Chungatrona

Espectáculo gañador do premio do público do

Festiclown Rivas-Vacia Madrid 2013.O pallaso

máis irreverente do momento presenta un

espectáculo máis "Chungo chungo ke te cagas"

aínda. Peter Punk preséntase nesta ocasión no

seu novo e gran pequeno vehículo.

Participando activamente co seu público -que

fará parte imprescindible deste novo

espectáculo- pedaleando coma un tolo,

comendo globos e xogando coma un neno que

se nega a crecer, Peter Punk presenta un final

sorprendente no que coñeceremos o seu último

xoguete: a Chungatrona! Unha máquina que

fará as delicias de nenas e nenos de 0 a 99 anos.

Sábado 27 de agosto ás 20:00 hs. no Km 0

Caso de mal tempo no Concello

Isla Letriska

LeTriska Inmobile

Isla LeTriska presenta un delirante espectáculo onde

combina disciplinas de Novo Circo (malabares, clown,

equilibrios) con excentricidades e xogos co público.

Un personaxe eléctrico e bastante tolo sorprenderá a

todos realizando proezas coma malabares incribles,

memorizar centos de nomes, darlles novos usos a

obxetos cotiáns, pelexar co público ou converter a

un/ha neno/a nun/ha grande artista de circo.

Habilidade, perspicacia, e velocidade mental!

Domindo 28 de agosto ás 20:00 hs. na Praza da Igrexa

Caso de mal tempo no Concello

Circo Chosco

Oscar Páez

Alfi

Forzu2

Coa presenza constante da técnica en forma de

portés, acrobacias aéreas, malabares imposibles

e lume, sempre en formato de clown,

agochados baixo a apariencia de

superacróbatas, de grandes magos ou de

malabaristas matematicamente perfectos, o dúo

Circo Chosco afonda na creatividade cun claro

obxectivo: facer rir ao público, sen esquecer a

espectacularidade como ferramenta

imprescindible.

Contacto para os tres espectáculos

Nacho:

600 30 46 13

Portal Transparencia

Roteiros de Lalín