O CONCELLO RECIBE UNHA SUBVENCIÓN DE MÁIS DE 3.000 EUROS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS EN GALEGO

O CONCELLO RECIBE UNHA SUBVENCIÓN DE MÁIS DE 3.000 EUROS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS EN GALEGO
Luns 5 de Septembro de 2016 - Búscase a promoción da lectura e a mellora das coleccións das bibliotecas integradas na Rede de Bibliotecas de Galicia, da que forma parte a Biblioteca Municipal de Lalín.

Por outra banda, a concelleira de Cultura, Lara Rodríguez, anunciou que o Concello acaba de recibir unha Subvención por importe de 3.386.06 euros, concedida pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para a adquisición de libros para a Biblioteca Municipal Varela Jácome. Trátase de dotar á Biblioteca de novidades editadas en galego nas datas comprendidas entre o 1 de xaneiro de 2015 e o 1 de outubro de 2016, co fin de fomentar a edición de libros publicados en na lingua propia de Galicia, así como a promoción da lectura e mellora das coleccións das bibliotecas integradas na Rede de Bibliotecas de Galicia, da que forma parte a Biblioteca Municipal de Lalín. 

Roteiros de Lalín