A CONCELLERÍA DE NOVAS TECNOLOXÍAS PROMOVE, A TRAVÉS DA AULA CEMIT, UNHA SESIÓN FORMATIVA GRATUÍTA POR VIDEOCONFERENCIA PARA AS PEMES E AUTÓNOMOS DO SECTOR DE ARTÍCULOS DE ROUPA E CALZADO PARA A POSTA EN MARCHA E A XESTIÓN DUN NEGOCIO EN INTERNET

Aula Cemit Lalín
Mércores 13 de Marzo de 2013 - José Antonio Rodríguez Fernández anuncia que “as persoas interesadas en participar neste curso poden anotarse xa na Casa Consistorial, ou ben chamando ao 617 900 877 ou enviando un correo electrónico a cemit.lalin@xunta.es” Ofértanse un total de 35 prazas e para a súa adxudicación seguirase orde rigoroso de inscrición

A aula Cemit do Concello de Lalín retransmitirá por videoconferencia o próximo xoves, 21 de marzo, a partir das 10.00 horas, unha sesión formativa de balde para pemes e autónomos do sector de artículos de roupa e de téxtil baixo o título “Vendes en internet? O teu negocio sen límite”, sobre as claves para poñer en marcha ou rendibilizar un negocio na rede, unha acción que se desenvolverá presencialmente na sede do Centro Demostrador TIC de Galicia (CDTIC) de Santiago de Compostela.

 

Así o anuncia o concelleiro de Novas Tecnoloxías, José Antonio Rodríguez, que explica que “desde o Concello de Lalín consideramos interesante impartir esta acción formativa de carácter gratuíto para explicar ás persoas interesadas como se xestiona un negocio en internet, ao facernos unha invitación desde red.es, entidade pública empresarial que imparte este curso promovido pola Secretaría de Estado de Telecomunicacións”.

 

Rodríguez Fernández informa que “para seguir a sesión na Aula Cemit de Lalín os/as interesados/as, principalmente vinculados ao sector do vestir e do calzado que teñan   entre os seus retos venderpor internet, poden anotarse xa na Casa Consistorial (pregutando por Alberto Viz, axente TIC), chamando ao 617 900 877 ou enviando un correo electrónico a cemit.lalin@xunta.es”. “Ofértanse un total de 35 prazas e na adxudicación seguirase orde rigorosa de inscrición”, salienta.

 

O edil de Novas Tecnoloxías sinala que “o obxecto da xornada é que o/a usuario/a reciba formación práctica sobre como poñer en marcha unha tenda virtual”. “Na sesión trataranse diferentes aspectos que son necesarios para xestionar un negocio na internet, desde como crear unha marca e sacar o máximo rendemento ás redes sociais e á web 2.0, a como organizar a loxística do negocio on line, sen esquecer a fiscalidade ou normativa pola que se rexe o e-Commerce e as plataformas tecnolóxicas existentes”.

 

PROGRAMA DA SESIÓN FORMATIVA

Ás 10.00 horas dará comezo esta acción formativa que abranguerá ata as 12.00 horas unha sesión sobre “negocio electrónico” na que se analizarán aspectos relacionados cos modelos de negocio en e-Commerce, o plan de negocio, as análises da competencia no sector, a análise DAFO, as estratexias de produtos ou servizos, os escenarios financeiros, a loxística e os medios de pago.

 

Ás 12.30 retomarase o curso con outra sesión formativa sobre “marketing on line” na que se tratarán os elementos a ter en conta á hora de elaborar un plan de marketing on line, a importancia das redes sociais, o mobile marketing, os modelos de posicionamento, a analítica web, a xestión da reputación on line, etc.

 

De de 15.30 a 17.30 horas desenvolveranse aspectos relacionados coas plataformas tecnolóxicas e-Commerce e de 18.00 a 20.00 horas abordaranse aspectos legais do comercio electrónico, na que se estudarán as consideracións máis relevantes en materia de normativa legal europea e nacional sobre comercio electrónico, contratación de provedores e distribuidores, etc.

 

“En definitiva -subliña Rodríguez- na sesión formativa propiciarase un achegamento aos diferentes aspectos que é necesario ter en conta para xestionar un negocio en internet, desde como crear unha marca e sacar o máximo rendemento ás redes sociais e á web 2.0, a como organizar a loxística do negocio on line, sen esquecer a fiscalidade ou normativa pola que se rexe o comercio electrónico e as plataformas tecnolóxicas existentes”.

 

Portal Transparencia

Roteiros de Lalín