Sede Electrónica Concello de Lalín
Plan de Acción para o Comercio e a Hostalería
Percorridos Virtuais
O Castro Tecnolóxico
Turismo de Lalín

Descubre a súa vida interior

VER MÁIS

Lalín en Imaxes

Unha vila aberta para disfrutar

VER MÁIS

Radio Lalín

Escóitanos no 106.8 FM

ESCOITAR RADIO LALIN

Corporación

Porgrama Integrado

Noticias

Sánchez anuncia unha estratexia enfocada a coñecer mellor a cada usuario para aumentar o seu nivel de satisfacción.
Ler máis

OS BENEFICIARIOS DAS BOLSAS COMPLEMENTARIAS AO ESTUDO PODERÁN RECOLLER OS SEUS VALES A PARTIR DO PRÓXIMO MARTES

A convocatoria de bolsas destina un total de 18 mil euros para que as familias con menos recursos económicos poidan afrontar a adquisición de material escolar e roupa deportiva neste curso. O martes tamén se empezarán a entregar as bonificacións ao transporte de estudantes. Ler máis

O CONCELLO DE LALÍN RECIBE 52 MIL EUROS PARA O CENTRO DE INFORMACIÓN ÁS MULLERES

María Jesús Sánchez salienta que a achega solicitada polo Concello, “permite dar un servizo imprescindible para a protección ás mulleres que sofren violencia machista”. A concelleira de Muller e Igualdade remarca o compromiso do Concello de Lalín á hora de prestar asistencia integral ás mulleres vítimas e aos menores ao seu cargo. Ler máis

LALÍN PROXECTA UN NOVO PARQUE DE OCIO PARA CANS

Terá unha superficie de 1.500 m2 e situarase nunha zona de pradeira sen uso próxima ao lateral sur do auditorio A necesidade desta infraestrutura responde a que a poboación canina goce dun espazo para correr libremente, xogar, divertirse e exercitarse, xa que adoitan pasar longo tempo en espazos reducidos. A área será pechada para evitar fugas e contará con bebedeiro, xogos, ou “pipican”. Celia Alonso fixo fincapé en que esta infraestrutura dará resposta a unha vella reivindicación veciñal e insistiu en que os cans que a usen deben estar baixo a supervisión dunha persoa responsable. Ler máis

O CONCELLO ACOMETE O CAMBIO DE LUMINARIAS NAS RÚAS D, ALCALDE FERREIRO E PINTOR COLMEIRO PARA INCREMENTAR O AFORRO ENERXÉTICO E MELLORAR A ILUMINACIÓN

O proxecto realízase cun investimento de 17.000 euros e comprende o cambio de 22 puntos de luz, o que permitirá obter un aforro superior ao 60 por cento. Francisco Vilariño considera que a actuación suporá “unha mellora substancial na cantidade e na calidade da iluminación dunhas das rúas con máis actividade de Lalín”. Ler máis

Xuventude LalínDeportes Lalín

Videos

Roteiros de Lalín

LALIN AXENDA

DESPLIEGUE 4G EN LA BANDA DE 800 MHZ
http://directorio.lalin.gal
Canal Cultura Telegram, para ver a programación cultural de Lalín
En Lalín do 5 de maio ao 21 de xullo
Domingo 14 de maio. Vilatuxe (Lalín)